Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Couquiño recibiu aos mellores “Jóvenes” padexeiros da península

Xesus Pena no Couquino-Fotos-Jorge Parri
Xesús Pena no Couquiño-Fotos-Jorge Parri
O Couquiño recibiu aos mellores “Jóvenes” padexeiros da península

O Campo de Slalom de O Couquiño, situado a pés do Encoro de Fervenza, en Olveira, Dumbría, (mentres espera pola creación dunha canle Olímpica de Augas Bravas) acolleu unhas magnificas xornadas de piragüismo o recibir a Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom, reservada para os mellores cadetes e infantiles da modalidade. Acodiron clubs de toda a península, tanto españoles coma portugueses, para totalizar un total de 152 saídas deste espectacular deporte.

A xornada do sábado estaba reservada para as clasificatorias. A pesar do ano de sequía, a organización ten que agradecerlle a Xeal a xestión de reservar o caudal de auga necesario para a disputa da proba durante meses. Quen estaba presente e deslucíu muito a xornada das preliminares foi o vento, que non sendo moi habitual no Campo de Slalom do Couquiño esta vez foi o invitado non desexado.

Martín Romar no Couquino-Fotos-Jorge Parri
Martín Romar no Couquiño-Fotos-Jorge Parri

No meramente competitivo, foron tres o deportistas do CDM Piragüismo Dumbría que conseguiron entrar nas finais: Brais Sánchez Cancela, Maríña Suárez e Sara Romar.
O resto da particpación costeira, formada por Xesús Pena, Martín Romar e Xián Caamaño, na categoría cadete, e Marcos González na infantíl, non foron quen de pasar o corte para entrar nas finais.

A xornada do domingo xa amaneceu sin vento, e permitiu os xoves deportistas dar o seu mellor. Nestas circunstáncias se viu slalom de moito nivel nas augas do Xallas para disfrute do numerosísimo público que se achegou para disfrutar da proba.

O Club Deportivo Santiagotarrak se levou a mellor, por diante do Club Mig Segre de Ponts en Lleida e do Club Atlético San Sebastián que completaron o podium, sendo o Club Quixós de Monforte o mellor club galego clasificado, quinto. En canto a actuación do CDM Piragüismo Dumbría, finalmente se clasificou no noveno posto por clubes. En canto os seus finalistas, Brais Sanchez foi o mellor no C1 cadete masculino, cunha 6ª posición final; mentras que as cadetes Mariña Suárez en C1, coma Sara Romar en K1 foron 9ª na categoría femenina.

Mariña Suárez no Couquino-Fotos-Jorge Parri
Mariña Suárez no Couquiño-Fotos-Jorge Parri

Novas relacionadas

Comentarios