Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Dúas pontecesáns, entre as 17 mellores arqueiras de toda España

Leonor e Lucia tiro con arco ponteceso medallas
Leonor e Lucía nos Campionatos de España
Dúas pontecesáns, entre as 17 mellores arqueiras de toda España

Espectacular comezo de ano para o Club Flechas por un Tubo de Ponteceso. Tras volver con medallas dos Campionatos Galegos e dos Trofeos de A Coruña e Mugardos, chegaba a gran proba para dúas arqueiras do club.

Lucía Castro Fondo e Leonor Andrade Varela, participaron o pasado venres, por primeira vez, no Campionato de España de tiro con arco en sala para cadetes e menores de 14 anos, celebrado en Valladolid.

A nosa campiona Galega, Leonor, e a medalla de bronce, Lucía, representaban a Galicia, e deron a talla a pesar do alto nivel de competición no evento, enfrontándose ás 36 mellores de España na súa modalidade, quedando entre as 17 primeiras na categoría individual.

Lucía Castro Fondo participou na modalidade de equipos mixtos representando a Galicia, facendo parella co ourensán Beltrán Doval Valera do club Eiroás de Ourense, sendo eliminados en cuartos de final polo combinado de Castela e León, acadando así a 5° posición.

Lucia Castro cun companeiro da expedicion galega
Lucia Castro cun compañeiro da expedición galega

As dúas arqueiras quedaron satisfeitas co seu traballo e demostraron que a súa posición entre as 20 primeiras de España é froito do seu excelente traballo e esforzo. Esforzo que co que sen dúbida comezarán a preparar o próximo Campionato Galego de Aire libre.

Novas relacionadas

Comentarios