Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dumbría e Ponteceso acollerá cursos de vela e winsurf este verán

Windsurf no ezaro
Dumbría e Ponteceso acollerá cursos de vela e winsurf este verán

Se Cabana e O Couto acollerán campamentos da Xunta, Dumbría e Ponteceso farán o propio cos Cursos da Campaña de Vela e Windsurf da Deputación da Coruña. Uns cursos suspendidos o ano pasado pola pandemia.

Os cursos, destinados a rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos, celebraranse en Ponteceso do 26 ao 30 de xullo, e en Dumbría do 2 ao 6 de agosto. Ademais, a Deputación tamén artella outras sesións en Cariño, Mugardos, Pontedeume e Rianxo.

Son cursos de cinco días en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), e nos mesmos realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico de windsurf.

Por agora o proxecto está en fase de licitación, á espera das ofertas das empresas do sector. Deste xeito, a principios do mes de xuño anunciarán a apertura do prazo de solicitudes, que se poderán formalizar nos concellos.

Novas relacionadas

Comentarios