A Esteirana Remo, campión de España de Veteranos Mixto

12:21 16/06/25
A Esteirana Remo vén de procolamarse campión de España nos LXXVIII Campionatos de España de Traiñeiras disputado en Castro Urdiales. O equipo Veteranos Mixto superou na gran final da bandeira cántabra a históricos do remo estatal como Plentzia, CDR Iberia, Sestaoko ou Arriluze de Getxo.
Fan historia esta embarcación muradá xurdida non hai moito cunha marea de ilusión comandada pola presidenta Carmiña Caamaño. Xa a semana pasada celebraban o subcampionato galego Traiñeira Vet FEM 2025, e desta volta, participando na competición mixta, alzáronse coa bandeira estatal.

A tripulación mixta campiona de España está formada por:
- Ivan Antonio Teijeiro Bouza.
- María Manuela Romero Lestón.
- Óscar Rod. Torea.
- Juan Carlos Día Peña.
- Juan Bonifacio Caamaño González.
- Maria Carmen Caamaño Caamaño.
- Ana Rosa Sande Mayo.
- Jose Eugenio Mayo Montes.
- Antonio Otero Rodríguez.
- Lidia María Nieto Rama.
- David Torea Moledo.
- Marta Rod. Rama.
- María Teresa Rivadeneira Castrelo.
- Alcira Romero Candamo.