1ª Galicia: Baio, San Lorenzo e Esteirana perden sendas ocasións para pegar un salto de tranquilidade

Ocasión perdida polos 3 equipos costeiros que rondan a zona perigosa. San Lorenzo, Esteirana e Baio tiñan enfrontamentos antes rivais directos pola salvación e ningún dos tres saíu co sorriso. Apenas o Baio sumou un punto ante o Valiño, equipo que deixan en descenso, pero os baieses fixeron unha gran segunda metade e o empate lle sabe a pouco.
A Esteirana e o San Lorenzo tiñan partidos fundamentais para ir fixando a salvación, pero ambos deixaron escapar os puntos do seu feudo e, o máis perigoso, deixan vivos a Calo e Estrada.
Tamén o Dumbría tiña un partido chave para meterse na zona noble, pero a pesar de poñerse por diante, deixou escapar vivo ao Unión, que queda con 4 puntos de vantaxe, ao fío da promoción.
A única vitoria da semana foi do Fisterra, e conseguida no desconto, ante o pechacancelas, que viña de sumar no Conco o seu primeiro punto da tempada.
San Lorenzo - Sp. Estrada (0-1)
- Gol: 0-1, m.41: Correa nun córner.
Partido moi igualado, moi pechado, sen apenas ocasións, decidido por detalles, e por efectividade. Tivo as súas o cadro de Lapido na primeira metade, como unha falta de Iago de falta que repeliu o pau. Pero fío do descanso os visitantes se adiantaban nun balón de córner.
Na segunda foron mellor os locais, e o partido se disputou no campo visitante. Pero precipitábanse a cotío os carballeses, que abusaron de balón directo, tendo boas ocasións, pero ante unha defensa moi seguro por alto.
Non nega o míster a “decepción” e “a dinámica negativa” que leva o equipo, a pesar de ter merecido cando menos un empate, pero si asegura traballo para seguir pelexando.
Esteirana - Calo (2-3)
- Goles: 0-1, m.38: Mouzo; 1-1, m.60: Simón; 1-2, m.70: Sergio; 1-2, m.90: Adrián; 2-3, m.93: Rober Pladur.
Mal partido dos esteiráns, cunha intensidade menor que outro días, permitindo que os visitantes vencesen todos os duelos e tendo erros graves que lembran á mala primeira volta. Con estes vimbios era imposible sacar nada positivo neste encontro clave para ir asegurando a permanencia, ante un Calo, rival directo, que queda agora a sí 5 puntos, e que baseou a súa vitoria nunha intensidade alta, en estar ben platados e en non cometer erros graves.
Pero a falta de intesidade dos locais permitiu que se metesen por diante na primeira metade. A saída dos vestiarios foi mellor pero o equipo volveu baixar o pistón e o Calo, con dous arreóns, encarilou o choque, maquillando o resultado Pladur no desconto.
Dumbría - Unión (1-2)
- Goles: 1-0, m.15 Rivi; 1-1, m.50: Quintáns; 1-2, m.72: en propia.
Era o partido para meterse na pelexa por todo, pero o Dumbría sucumbiu no Conto ante un bo Unión. Metíase por diante o cadro local por medio de Rivi pero os visitantes remontaban na segunda metade.
Foi un partido cun ritmo moi alto, moi bonito de ver, moi igualado a primeira media hora, onde Rivi adiantou aos locais. Pero apretaron os visitantes, e sobre todo segunda parte eles seguiron imprimindo un ritmo altísimo e embotellaron aos dumbrieses, que ademais tiveron mala sorte nos goles.
Fisterra - Cruces (2-1)
- Goles: 1-0, m.50: Breixo; 1-1, m.63: Carlos; 2-1, m.90: Estévez.
Un gol sobre a bocina de Diego Estévez (xa van 15, ademais dos 10 de Isaac Fábregas), salvou 2 puntos na visita do pechacancelas a Ara Solis.
Pechados se presentaron os visitantes, provocando un partido bronco, con pouco ritmo, con moitos paróns. Tivo o cadro local varias ocasións na primeira metade, mesmo cun pau, pero sen acerto. Na segunda estiveron mellor co balón os de Lobelos, que xa avisaban por medio de Isaac e Estévez, e cun tanto de Rubén anulado por fóra de xogo, xusto antes do gol de Breixo. Parecía que o equipo verde non pasaba apuros, pero nun par de despexes longos o cadro visitante acadaba o empate.
Quedan 25 minutos, co cadro visitante encerrado atrás, e o Fisterra percutía e percutía pero se atopaba unha e outra vez co porteiro, o mellor do campo. Porén, na última xogada, unha saída do porteiro despexa, o balón pega en Estévez e se cola.
Valiño - Baio (1-1)
- Goles: 1-0, m.6: Madiop; 1-1, m.67: MC.
Empate que sabe por Baio, tras facer un bo partido ante outro equipo que se xogaba a vida. O choque metíase costa arriba para os de Félix, pero o equipo non se precipitou e fixo unha das mellores segundas partes da temporada, sendo moi superior, tendo o control do balón e somentendo ao rival. Só lle faltou o gol da vitoria, para dar un salto importante na táboa.

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA
- X.23: O Baio golea e o Fisterra pesca 3 puntos en Verdillo.
- X.22: O Dumbría fica cos de arriba.
- X.21: O Dumbría asaltou Ara Solis.
- X.20: O Baio fai saltar as quinielas e a Esteirana supera ao San Lorenzo.
- X.19: A pegada do Fisterra supera á Esteirana.
- X.18: O San Lorenzo rompe a súa mala serie.
- X.17: Remontada épica do Fisterra para abrir o curso.
- X.16: Acabando o 2023 na metade da táboa.
- X.15: O Fisterra confirma a súa melloría.
- X.14: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia.
- X.13: O Baio frea ao San Lorenzo.
- X.12: O San Lorenzo supera a dimisión de Dani Casal.
- X.11: Os poderosos baten cos equipos costeiros.
- X.10: Só un punto en 4 partidos.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas.
- X.7: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3.
- X.6: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra.
- X.5: Este San Lorenzo vai en serio.
- X.4: O Dumbría pega primeiro.
- X.3: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis.
- X.2: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen.
- X.1: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas.