Venres. 29.03.2024
El tiempo

Evelyn Solares e Víctor Senra, protagonistas do Rally da casa

  • Pedro Castro sufríu unha aparatosa saída de vía
Evelyn Solares no rally de Noia
Evelyn Solares estreouse no no rally de Noia
Evelyn Solares e Víctor Senra, protagonistas do Rally da casa

Era a gran novidade do XXXVI Rali Berberecho de Noia e non defraudou. A pilota carnotá Evelyn Solares fixo un fantástico papel no noso rally da casa, disputado esta fin de semana con ampla presencia costeira e novas de todos os calibres.

A máis importante, a vitoria de Víctor Senra. O dumbriés demostrou que este ano manterá un fermoso duelo con Alberto Meira polo Campionato Galego, unha vez que Iván Ares xa se centra no estatal. O dumbriés facía nesta proba que tiña tramos ben coñecidos para el por Mazaricos, e conseguía deixa atrás a un Alberto Meira, que por fin lle fixo oposición e obrigoulle a Víctor a dar o máximo. Así falaba Víctor e a quen lle dedicaba o rally:

A nota triste púxoa Pedro Castro. O piloto carnotán aficando en Mazaricos, sufría unha dura saída de vía, tendo que ser excarcerados tanto el como o seu copiloto Álvaro Vila, polos servizos de emerxencia, e sendos trasladados ao centro hospitalario. Afortudamente atópanse ben en proceso de recuperación, e dende a familia de QPC Motor desexámoslle unha pronta recuperación e que podamos velos pronto disfrutando do asfalto.

Evelyn

Como dicimos, a estrella do rally foi Evelyn Solares. A pilota carnotá está a ser toda unha revolución no Circuito, e as cunetas estaban volcadas co seu Citroën Saxo de Kitos Sport, chegando na posición 72ª, cumplindo o obxectivo que non era outro que o de acabar a carreira.

Boa participación do resto de pilotos costeiros.

Polo demais, a resposta dos nosos foi positiva. Manolo Senra e Faustino Pérez fixeron un 13º posto co seu Peugeot 306 Maxi Kit Car.

Tan meritoria ou máis, foi a 21ª posición que acadou Javi Lariño Waldomar, con Santi Priegue, co seu Citroen G2 CT. ”A verdad e que quedamos satisfeitos. Os rivais da nosa copa fixeronnos correr moitisimo todo o día e dar o mellor de nós”, explicábanos Javi, tras acadar a 5ª praza na Copa Pirelli AMF MS. Así falaba a metade da proba, cando tiña esperanza de quedar algo máis arriba:

Pola súa banda, Heri Atán, o piloto de Brens, segue collendo ritmo e quedaba na praza 51º, co se Citroen C2 GT, acompañado por Noel Claro, e disfrutando dunha carreira despois de 4 anos no dique seco.

Comentarios