Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A estrea de Evelyn Solares, a gran nova do Rally de Noia

  •  O rally da casa terá 6 coches da Costa da Morte
Evelyn Solares debuta no rally de Noia
Evelyn Solares debuta no rally de Noia. Foto de @lr.slrs
A estrea de Evelyn Solares, a gran nova do Rally de Noia

Trala posta en marcha do Circuito Galego esta pasada fin de semana no Rally da Coruña, a Costa da Morte pon o foco xa no XXXVI Rali Berberecho de Noia. Se na cidade herculina estiveron os dumbrieses Víctor Senra (que mantivo un fermoso duelo con Ares que parece que será constante ao longo do curso) e Manolo Senra, no rally da casa a participación costeira será moito maior.
Dos 114 coches inscritos, 6 terán ADN da Costa da Morte.

Rally de Noia 2022-Pegatina

Xa contamos que Pedro Castro presenta hoxe o seu Mitsubishi. O de San Mamede, afincado en Mazaricos, afronta a proba xunto a Álvaro Vila.

Ademais dos Senra, non faltará, e volverá estar outro ano en Noia, o carnotán Javi Lariño Waldomar, co seu Citroen C2 GT.

Tamén volve ao asfalto o ceense Heri Atán. O de Brens leva 4 anos sen poder sacar o seu Citroen e volve con máis gañas que nunca.

A gran novidade, e gran sorpresa, será a presencia de Evelyn Solares. A carnotá xa intentara saír en 2020, pero a pandemia levouse o seu debut pola borda. Solares fará a presentación do seu Citroën Saxo de Kitos Sport hoxe venres no Lar de Pacheco, na Laracha.

Comentarios