Zas espalla o tenis de mesa entre as escolas da comarca
- O AD Zas Ponciano Nieto retoma a senda da vitoria
Este domingo celebrouse en Zas a primeira concentración escolar para que se volvan a familiarizar con este deporte e volvan a verse os escolares da comarca. Houbo participantes de Ames, A Baña, Cee, Camariñas, Outes, Noia e Zas. Tamén os maiores dispuxeron de mesas para facer os seus puntos e así fíxoselle amena a espera.
2ª División Nacional Masculina
- Resultado: CTM Breogan Oleiros - AD Zas Ponciano Nieto (2-4)
Xa en clave de competición, tras unhas xornadas donde se lles escaparon as vitorias ao AD Zas Ponciano Nieto, consigue retomar a senda da vitoria contra un Breogan Oleiros nun partido importantísimo de cara ao obxetivo da permanencia nunha liga que está moi igualada onde calquera lle pode gañar a calquera.
Puideron aportar todos a esta vitoria podendo gañar os seus partidos: Roi Sixto (2), Miguel Rey e Raúl López.
Vindeira xornada
Despois da victoria en Oleiros o AD Zas Ponciano Nieto recibe a visita do equipo de Oroso que vai lider neste grupo. Pero como neste grupo calquera lle pode gañar a calquera os zasences esperan conseguir a vitoria.
CRÓNICAS DO TENIS DE MESA
- 2ª Nacional. Sábado 2 de decembro de 2023 as 17:00 h no pavillon municipal de Zas: AD Zas Ponciano NIeto - Oroso TM Madeiras Irmans Castro.
- Novembro 23: Os equipos de base do AD Zas seguen collendo experiencia na competición do tenis de mesa.
- Novembro 22. Zas mergullouse na maxia do pinpon.
- Novembro 22. O valor social das concentracións de base do tenis de mesa.
- OUtubro 23: Escapóuselle a terceira vitoria ao AD Zas.
- Outubro 23: O AD Zas suma e segue mentres a familias do tenis de mesa costeira disfruta en Cee.
- Outubro 23: O AD Zas consegue unha importante vitoria no seu regreso á 2ª Nacional.
- Xuño 23: O AD Zas Ponciano Nieto confirma o seu ascenso á 2ª División Nacional.