Luns. 06.12.2021
El tiempo

Os Infantís do Volei Dumbría arrasan na Fase Final Galega e xa pensan no Campionato de España

Volei Dumbria Inf Campion Galego
Os Infantís do Volei Dumbría arrasan na Fase Final Galega e xa pensan no Campionato de España

Despois gañar a Liga, sen perder partido, e antes de asistir ao Campionato de España, a fornada infantil do Volei Dumbría-Manuela Rial cumplíu as expectativas e quedou esta pasada fin de semana Campión Galego.

Fixoo no marco dunha Fase Final do Campionato Galego Infantil Masculino, celebrada este domingo no Conco. Os de Luís Alberto non deron opcións aos rivais, vencendo 3-0 ao Voleibol Emeve nas semifinais, e outro 3-0 aos Boiro Voleibol na final. Dúas das mellores canteiras do volei galego sucumbiron ante o potencial desta fornada de deportistas, que teñen bos espellos onde mirarse para chegar ao máis alto deste deporte.

Tiago Fernandez MPV do Campionato Galego de Volei Infantil 2021

Ademais, Tiago Fernández foi nomeado MVP do Campionato.

A familia dumbriesa xa pensa no Campionato de España, que se celebrará do 26 ao 20 de xuño en Soria, ao que acodirán coas máximas aspiracións.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios