Sábado. 19.09.2020
El tiempo

A lanzadora de peso Xiana Lago recibiu unha visita especial

Xiana Lago con Jorge Lariño e Frank Casañas
Xiana Lago con Jorge Lariño e Frank Casañas
A lanzadora de peso Xiana Lago recibiu unha visita especial

Emocionante visita a que recibía a nova Xiana Lago Andrade no Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos de Cee. A lanzadora de peso de peso ceense, que tivo que deixar o Centro de Tecnificación Galego de Pontevedra ao comezo da pandemia, recibiu a visita do seu adestador Frank Casañas Hernández, destacado deportista español, nacido en Cuba e que obtivo a nacionalidade española no 2008, representando así a España en 3 xogos olímpicos de Pekín, Londres e Río como lanzador de disco.

Non quixo perder o momento o tamén ceense Jorge Lariño (vinculado a Asoc. Dxtiv Olimpa).

A visita do adestrador tivo a finalidade de controlar de preto o traballo desenvolto pola atleta así como ver o material e o estado da instalación, na que durante o estado de alarma (xa dende a fase 1 da desescalada) realizou os seus adestramentos.

Novas relacionadas

comentarios