sábado. 07.12.2024
El tiempo

Reservando data para o VIII Trail da Filloa

presentacion-VIII-Trail-Filloa-Zas-2024
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e David Fernández, da AD Monte Brondo, durante a presentación do evento
Reservando data para o VIII Trail da Filloa

O domingo 2 de febreiro de 2025.

Esa é a data escollida polo Concello de Zas e a Asociación Deportiva Monte Brondo para a VIII edición do Trail da Filloa.

Unha proba deportiva consollidada en toda a provincia, que conta ademais co aliciente dun fin de festa espectacular, no que as épicas filloas á pedra de Zas son as protagonistas.

As inscricións abriranse ás 20:00 horas do vindeiro 29 de novembro e poderanse realizar a través da páxina web www.empa-t.com. Se este ano foron 1000 os participantes (con todo o que repercute para os establecimentos do Concello) este ano esperan aumentar a cifra.

5 probas

Haberá cinco probas non competivas que se disputarán en boa parte por camiños e pistas non asfaltadas do municipio .Todas as saídas realizaranse dende a Praza do Concello de Zas e a meta, e degustación, estará situada no pavillón municipal de Zas.

Nesta edición, como novidade, haberá un “Mini Trail” de 13 quilómetros de distancia que se suma as demáis probas: trail longo (28k), trail curto (18k), andaina longa (20k) e andaina curta (12k). Todas as probas discorren por carballeiras, ribeiras do río, soutos,... con zonas de cordas que tanto gustan aos par4cipantes e tramos novos. Haberá varios habituallamentos e servizo de duchas e de gardería gratuítos para todas as persoas participantes.

Ao igual que nas pasadas edicións “as subidas ao Monte Brondo e ao Pico de Meda serán as partes máis duras e máis técnicas do percorrido”, sinalou David Fernández, da AD Monte Brondo. David agradeceu a colaboración dos máis de 70 voluntarios e voluntarias así como membros de Protección Civil e da Policía Local que fan posible o evento.

Fin solidario: A Beca da Filloa

Ao igual que nas últimas edicións, o importe recadado destinarase á Beca da Filloa; unha axuda económica para os estudos que se destinará a un/unha estudante empadroado/a no Concello de Zas que seleccionará o departamento de Servizos Sociais municipal de forma confidencial.


Máis novas

 

Comentarios