Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As mozas salvan, de novo, a honra do tenis de mesa costeiro

Estase afianzando o tenis de mesa na comarca pero o camiño das vitorias, en canto subes de categoría, faise máis complicado. Esta foi unha fin de semana con moitas derrotas en categoría masculina e moitas vitorias en 2ª Nacional femenina, para o tenis de mesa costeiro.

2ª femenina, AD Zas Cafeteria Talladas - SD A Baña
2ª femenina, AD Zas Cafeteria Talladas - SD A Baña
As mozas salvan, de novo, a honra do tenis de mesa costeiro

Así, mentres caían os rapaces de 2ª Nacional, 3ª Nacional e 1ª Galega (só gañaron en 1ª Galega e en 2ª Galega, neste caso nun derbi, polo que había vitoria si ou si); as rapazas de 2ª Nacional femenina si que deron un recital gañando os 3 encontros. Tamén, o SD A Baña e Concello de Mazaricos gañou un dos 3 encontros que xogaron cada equipo.

2ª Nacional masculina

  • Resultado: Vincios Domínguez Dantas - AD Zas Ponciano Nieto (4-2).

Miisión casi imposible conseguir algo positivo en Gondomar e eso que os zaseiros lle puxeron todo o empeño pero só Eladio Costas foi acesible. Cumpliron Edu e Brais gañándolle a Eladio e Añex puso todo o seu saber ante dous xogadores que xa xogaron en ligas superiores, e ante eles tampouco nada poideron facer tanto Edu coma Brais.  

3ª Nacional masculina

  • Resultado: Breogán Oleiros C - Concello de Mazaricos (4-3).

Breogan Oleiros C - Concello Mazaricos

Casi de sorpresa se pode considerar a derrota do Concello de Mazaricos en Oleiros ante un equipo que ocupa postos de descenso. Un Concello de Mazaricos que lle gañou os dous enfrentamentos ao líder do grupo e perdeu cos dous colistas. Con esta derrota fai que o grupo estea moi igualado sobre todo por abaixo onde dende o 5º ao 11º só hai tres vitorias de diferencia, polo que ninguén se pode descuidar. Así se deciamos a semana pasada que coa vitoria estariamos a falar de posibilidades de ascenso, agora coa derrota temos que decir que non pode haber máis descuidos. O Concello de Mazaricos está no medio da táboa pero os de abaixo gañan tamén e achéganse. O encontro do vindeiro sábado marcará quen segue arriba e quen ten que apretar para non verse en apuros.  

1ª Galega

  • Resultado: Grupo Barros Cambados - AD Zas Construcciones Cernadas (4-0).
  • Resultado: Relojería Enrique - AD Zas Construcciones Cernadas (3-4).

Derrota contundente do AD Zas Construcciones Cernadas ante o líder e sen paliativos, foron sorprendidos polo bo xogo e a pesar de perder dous partidos por 3-2 nunca tiveron opcións de gañar ningín partido. Esto deixou tocados aos xogadores zaseiros e así tiveron que esperar ao ultimo partido no que Lara Romero se erixiu en salvadora do honor do equipo pois Raúl e Luís aínda estaban pensando como perderan antes e deixáronse sorprender despois dos dobres, no que sí xogaron ben, Polo tanto darlle a noraboa a Lara por darlle o punto definitivo ao equipo para lograr esta vitoria.  

2ª Galega

  • Resultado: AD Zas O Pinar - VTM Pinturas Figueiras (0-4).

Derbi sen historia entre xogadores que se coñecen ben de entrenar xuntos moitas veces, pero unha cousa son os entrenos e outra os partidos oficiais, De momento os de Vimianzo son superiores a este equipo de AD Zas O Pinar.  

2ª Nacional Femenina

  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - VTM GAM (3-1).
  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Vilagarcía TM (3-1).
  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Monte Porreiro (3-0).
  • Resultado: Concello Mazaricos - VTM GAM (0-3).
  • Resultado: Concello Mazaricos - Vilagarcia TM (2-3).
  • Resultado: Concello Mazaricos - Monte Porreiro (3-0).
  • Resultado: SD A Baña - VTM GAM (3-0).
  • Resultado: SD A Baña - Vilagarcía TM (3-1).
  • Resultado: SD A Baña - Monte Porreiro (3-0).

Día completo de tenis de mesa para as novas xogadoras tanto de AD Zas Cafeteria Talladas, como de Concello Mazaricos e SD A Baña. Tanto as de Zas como as de A Baña fixeron valer que levan máis tempo neste deporte. Se hai que salientar a algunha en especial sería Laura García que apesar de sentir molestias xogou igualmente os partidos que lle faltaban e gañounos todos. Ela, xunto con Yessica Spirig, gañaron todos os encontros. O mesmo fixeron as xogadoras de SD A Baña. Non podemos olvidar as novas xogadoras de Mazaricos que a pesar de estar debutando este ano estan a facer moi bo papel en todos os partidos.

Vindeira fin de semana

Sábado 9 de febreiro (No ximnasio do CPI de Zas as 17'00 h.)

  • 2ª nacional masculina: AD Zas Ponciano Nieto - CTM Vigo
  • 3ª división nacional: Concello Mazaricos - Conxo TM
  • 2ª galega: VTM Pinturas Figueiras - TM A Estrada Pazo de Xerlís

En  A Coruña, 2ª galega

  • 17'00 h.Club del Mar - AD Zas O Pinar
  • 17'30 Finisterre Deseñarte - AD Zas Dimobel Bazar Baio
  • 19'30 Finisterre Sphera - AD Zas Dimobel Bazar Baio

 

Máis novas do tenis de mesa costeiro

Comentarios