Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A muxiá Lucía Pazos, prata no Torneo Internacional de Portugal de Judo

  • Naira Blanco acadou un meritorio 5º posto
Lucia Pazos prata no Torneo Internacional de Portugal de Judo
A muxiá Lucía Pazos, prata no Torneo Internacional de Portugal de Judo

Acodía esta fin de semana unha delegación da Selección Galega ao Torneo Internacional Cadete de Coimbra. E co kimono franxiazul competían dúas deportistas do Judo Club Bergantiños, Naira Blanco (-52 fg) e Lucía Pazos (-57). As costeiras volven con moi boas sensacións cos combates realizados e, sobre todo, co gran resultado de Lucía.

A muxía conseguía a medalla de prata en -57 tras ganar os seus primeiros combates con moita superioridade e perder na final coa representante de República Checa. Excelente actuación de Lucía na súa primeira competición na categoría cadete.

Lucia Pazos segunda en Portugal
Lucía no segundo chanzo do poido

O sábado foi a quenda de Naira. A coristanquesa alcanzou un meritorio 5º posto plantándose nas semifinais onde, perde coa outra representante de Galicia, que ao final resultou campiona. Loitando polo Bronce perdeu pola mínima realizando un grandísimo combate.

En resumo, boa competición das nosas judokas que lles serve para acumular experiencia sobre o tatami de face aos próximos compromisos.

Naira Blanco e Lucia Pazos en Portugal
Gran torneo para Naira e Lucía

Novas relacionadas

Comentarios