Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Judo Bergantiños volveu con 8 medallas do trofeo máis antigo de Galicia

Judo Bergantinos en Coruna
O Judo Bergantiños volveu con 8 medallas do trofeo máis antigo de Galicia

Este pasado sábado día 11 de maio disputouse a 40°Edición do Torneo de Judo máis importante e mais antigo de Galicia, o Trofeo Liceo a Paz. O Club Judo Bergantiños estivo representado por un total de 17 deportistas de diferentes categorías masculinas e femininas.

Logo dunha xornada moi longa e intensa @s deportistas carballeses conseguiron un grandísimo resultado, un saco de medallas, uns logros que obedecen á gran tempada que fixeron, unha tempada cargada de campionatos e que no mes de abril e maio recolléronse os froitos.

Así, Nicolas Quinoy, Raúl Ponte, Unai Amarelle e Naira Blanco conseguiron a medalla de ouro nas súas categorías. Ademais, Pedro Vilariño e Miriam Pérez fixeron prata e Daniela Castiñeira e Alex Blanco, Bronce.

Pechan así os campionatos desta tempada sen esquecer que este domingo día 19 de Maio @s máis pequenos e pequenas do club participarán no Trofeo Miguelito na Coruña un trofeo lúdico e dunha gran importancia.

Novas relacionadas

Comentarios