Luns. 14.10.2019
El tiempo

As bergantiñáns Naira Blanco e Lucía Pazos fan un gran papel no Campionato de España de Judo

Naira Blanco e Lucia Perez no Campionato de Espana de Judo
Naira Blanco e Lucia Perez no Campionato de Espana de Judo
As bergantiñáns Naira Blanco e Lucía Pazos fan un gran papel no Campionato de España de Judo

Esta fin de semana disputouse o Campionato de España de Judo na cidade de Valencia. O Judo Club Bergantiños conseguiu clasificar, despois de triunfar no Campionato Galego, a dous deportistas en categoría feminina, Naira Blanco García en -52 Quilos e Lucía Pazos Trillo en -57 Quilos. A resposta das costeiras foi espectacular cun 5º e un 9º posto que dan conta do mérito de todo o seu traballo.

Así, dende o club manifestan a súa felicidade e o exemplo de que o Judo e o deporte feminino experimentan un grandísimo estado de saúde no concello de Carballo e os seus alrededores.

NairaNaira Blanco con su entrenador David Perez copia

Naira Blanco (na foto da dereita co seu adestrador David Pérez) partía como cabeza de serie número 6, e o seu primeiro combate foi contra a representante de Navarra Amina Brahimi Touaiba. Vencía a costeira por Ippon. Naira caía no segundo combate ante a subcampeona de España, a valenciana Virginia Garcia Moya, pero métese na loita pola medalla de bronce na repesca. Aí vence por Ippon á balear Asyra Marginean e á representante de Asturias, Elena Alvárez e así consegue meterse no combate final de repesca pola medalla de Bronce, neste combate caía contra a madrileña Beatriz Martínez e queda finalmente en 5ª posición un resultado espectacular logo dunha tempada que foi de menos a máis e que o culmina estando entre as mellores do país.

O futuro está marcado para esta nova deportista, pois a tempada que vén xa pasa á categoría cadete e empezará a competir a nivel europeo no circuíto internacional.

Lucía

Lucía Pazos, pese a ser de primeiro ano Infantil, comezaba a competición con vitoria por Ippon ante a representante de Valencia, Mireia Gual Monfort. Volvía gañar, por Ippon, á canaria Amelia Cellas Machin e metíase para cuartos de final, onde perde contra a Campioa de España, Paula Pérez Báñez. Na repesca cae tamén contra a madrileña Carla Albitos e queda en 9º posición no seu primeiro Campionato desta importancia, un resultado máis que sorprendente pese á súa mocidade, un resultado que seguramente impulsaralle na tempada que vén conseguir coarse na loita polas medallas.

Novas relacionadas

Comentarios