Venres. 19.04.2024
El tiempo

O transporte sanitario da Costa da Morte tamén se pon en folga

O transporte sanitario da Costa da Morte tamén se pon en folga

Ambulancia nun accidente

Ca sanidade pública no punto de mira, con ducias de profesionais en folga, queixas de milleiros de usuarios polo constante deterioro dos servizos… neste contexto, son agora os profesionais do transporte sanitario os que se poñen en folga indefinida. Tamén os da Costa da Morte, que aprobaron por unanimidade o calendario de protestas proposto, de xeito conxunto (milagre) polas tres centrais sindicais (UGT, CCOO e CIG).

Fixérono na Asemblea celebrada onte en Vimianzo, onde como en todas as que están celebrando por Galicia, a proposta unitaria saíu adiante por absoluto consenso. Non estiveron todos os 200 traballadores do sector (entre “transporte urxente” e “transporte programado”), pero si que “estiveron os que teñen que estar”, como recoñece óscar Vázquez, representante de UGT.

A principal cita do calendario de protestas será unha concentración o día 31, pola mañá, en todos os Hospitais de toda Galicia. Ademais a folga indefinida de todo o sector implicará numerosos problemas no día a día dos centros sanitarios. Por un lado, dase a circunstancia de que no Urxente (nomeadamente o 061), os servizos mínimos son practicamente do 100% (hai 6 ambulancias para toda a Costa da Morte, incluída A Silva), polo que non se pode facer moira folga. Pero si se pode no “programado” (concesións realizadas normalmente por lotes para transporte dende os Hospitais), “que aínda consideramos abusivos os servizos mínimos, si que hai marxe para a folga”, apunta Vázquez.

3 anos sen convenio, coa suspensión de pagos no aire

A situación é complicada. As empresas concesionarias, que venceron o concurso con propostas á baixa, din que non lles chega. Mentres, a administración non move un dedo para solventar un problema que, coma sempre, recae nos traballadores.

”Levamos 3 anos sen convenio, e a xente está bastante preocupado. Ademais a patronal dinos que hai a posibilidade que a partir de marzo haia suspensión de pagos”, explica Vázquez. “Na última reunión que tivemos de convenio, propuxéronnos unha baixada de soldo do 10%, sinalando ademais que pode que en marzo teñan que suspender os pagos dos salarios, o que nos dá unha única saída: a folga”, explica. “Con estas solucións non hai negociación posible”.

Vázquez deixa claro que ”ramén facemos responsable á administración, a que dá a concesión, pois é ela a que ten que solucionar o problema.

Posibles solucións

Como posible saída só entenden posible “a negociación dun convenio onde teñamos melloras, porque levamos 3 anos co convenio conxelado”.

Sobre a posible volta ao sistema público, Óscar apunta que “non é algo que estea enriba da mesa, pero non descartamos pedir que a administración que rescate as concesións”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-colleita-de-sinaturas-online-por-unha-ambulancia-medicalizada-na-costa-da-morte/

Comentarios