Os peque do CDM Piragüismo Dumbría despiden a tempada con dúas medallas nos Campionatos Galegos de Promoción de Slalom
A praia fluvial de Mondaríz acollía a proba que puña o peche a competición das categorias dos máis pequenos, e ata aló viaxou unha representación do CDM Piragüismo Dumbría, que regresou da vila do Tea con dúas medallas e uns resultados moi esperanzadores para a tempada que entra.
Vega Cibes e Carmen Llaría foron as medallistas da expedición dumbriesa, cun segundo e terceiro posto no K1 benxamín femenino.
En canto ó resto do equipo, na mesma categoria Alevín Femenina, Clara López foi cuarta clasificada e Anais Trillo sexta. Pola súa banda a vimiancesa Iera Lema foi
sexta tanto no C1 coma no K1 infantil femenino.
Pola súa parte, Yerai Guene rozou as medallas na categoría benxamín masculina cun apretadisimo cuarto posto a apenas 13 centésimas da medalla. Iván Llaría sigue coa súa progresión cun noveno posto na categoría alevín, e o debutante Artai Wonenburger debutou no K1 pre-benxamín co quinto posto final.
Agora só quedan dúas competicións para finalizar a tempada, co Campionato de España de Slalom que se celebrará o 21 e 22 de outubro en La Seu de Urgell no Parque Olimpico,
e o Campionato Galego de Slalom, que terá lugar en novembro en Dumbría, no Campo de Slalom de O Couquiño