Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Iago Canosa e Marco Antonio Oreiro quedaron ás portas das finas da Copa de España de Slalom de Mondariz Balneario

CDM Piraguismo Dumbria en Mondariz Balneario-Fotos de Antonio Cortiñas
Iago Canosa en acción. Fotos de Antonio Cortiñas
Iago Canosa e Marco Antonio Oreiro quedaron ás portas das finas da Copa de España de Slalom de Mondariz Balneario

A primeira proba da Copa de España de Slalom, coa que arrancaba o calendario nacional tivo lugar este fin de semán en Mondariz Balenario. Cun caudal alto no río Tea polas precipitacións dos días anteriores, o percorrido presentaba un aspecto óptimo.

Os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, Iago Canosa e Marco Oreiro, en K1 e en C1 respectivamente, non alcanzaron para meterse nas finais a pesar de facer unhas boas mangas na xornada de sábado, e xa o domino debido ás malas condicións climatolóxicas e o aumento do caudal do Tea se decidiu suspender a proba.

CDM Piraguismo Dumbria en Mondariz Balneario-Fotos de Antonio Cortiñas 1
Marco Oreiro-Fotos de Antonio Cortiñas

A vindeira cita desta Copa de España de Slalom terá lugar en La Seu de Urgell entre os días 28 e 30 de marzo, mentres o Couquiño, que segue esperando a aprobación do proxecto da Canle Olímpica, pensa na proba da máxima categoría da Liga Nacional de Slalom, que terá lugar na nosa comarca entre os días 20 e 22 de xullo.

Comentarios