Sábado. 06.06.2020
El tiempo

Só dúas vitorias na penúltima xornada do ano para o tenis de mesa costeiro

Imaxe da concentración feminina co choque Luarca Tenis de mesa - AD Zas Cafeteria Talladas copia
Imaxe da concentración feminina co choque Luarca Tenis de mesa - AD Zas Cafeteria Talladas copia
Só dúas vitorias na penúltima xornada do ano para o tenis de mesa costeiro

Apenas dúas vitorias dun total de oito encontros. Non é un bo balance para o tenis de mesa costeiro, pero bo é ter algunha que poida animar ao resto. E desta vez as chicas de 1ª Feminina non foron capaces de sacar ningún resultado positivo como vén sendo costume nelas.
Segue a súa marcha positiva o VTM Pinturas Figueiras que a partires de agora xa o terán máis en conta.
A outra vitoria foi do AD Zas O Pinar e dentro dela a primeira vitoria de Iván Pardiñas. En 3ª Nacional pouco poideron facer os equipos AD Zas Ponciano Nieto e Concello de Mazaricos en Oleiros e Lugo respectivamente. O Concello de Mazaricos nota moito a baixa de Miguel pero para o AD Zas Ponciano Nieto pouco variaría se poidese contar con Stevo.

1ª Nacional feminina

  • Resultado: Luarca Tenis de Mesa - AD Zas Cafeteria Talladas (4-2)
  • Resultado: Corverastur TM - AD Zas Cafeteria Talladas (4-3)
  • Resultado: Avilés TM - AD Zas Cafeteria Talladas (5-1)

Aviles TM - AD Zas Cafeteria Talladas copia
Imaxe do AD Zas Cafeteria Talladas - Avilés TM  

Nesta concentración non houbo tan bo xogo nin acompañou nada a fortuna en puntos decisivos, pero con iso só o equipo de Avilés foi superior ao AD Zas Cafeteria Talladas pois nin as de Luarca nin as de Corvera foron supoeriores as zaseiras. Contra Luarca as irmáns Laura e Ana dispuxeron de puntos para gañar os seus partidos e contra Corvera no dobre ian dominando por 2-0 e no terceiro set viñeronse abaixo e xa non foron capaces de levantar o animo nin o resultado. O lado positivo estivo no regreso a competición de Ana García despois de dous meses de baixa. Esperemos que para a próxima estean todas en excelentes condicións e volvan a dar as alegrías de sempre.

3ª Nacional masculina

  • Resultado: Breogán Oleiros Kalamardos - AD Zas Ponciano Nieto (4-1)
  • Resultado: Dez Portas Mascovet - Concello Mazaricos (4-1)

Con Brais Blanco convalecente dunha gastroenteritis e coa baixa de Stevo pouca resistencia fixeron os zasences en Oleiros ante un rival a priori xa superior. Vai acabar máis abaixo na clasificación do esperado o AD ZAs Ponciano Nieto nesta primeira volta, esperemos que na segunda melloren ou polo menos gañando partidos aos rivais asequibles..

Pola súa parte, nota moito a baixa de MIguel Rey o Concello de Mazaricos e a pesar de que lle poñen moito ánimo fronte rivais coma o Dez Portas, necesitan algo máis. Vai madurando pero moi lentamente os xogadores mazaricans que esperan ter mellores resultados na segunda volta.

1ª División Galega

  • Resultado: Finisterre Deseñarte - AD Zas Dimobel Bazar Baio (7-0)
  • Resultado: Oroso Peluqueria Tije - VTM Pinturas Figueiras (2-5)

Os de D Zas Dimobel Bazar Baio foron barridos literalmente da mesa en A Coruña, só puxeron algo de resistencia no dobre, nun encontro sin historia algunha e pensando mais na xornada de tarde que nos propios partidos de liga. Castro, Pazos e Víctor téñenlle gañado algunha vez aos coruñeses pero ultimamente estes colléronlles a medida e supéranos sempre.

Outro asunto é os de VTM Pinturas Figueiras que non acusaron a baixa de Paco Paz (que se recupere da lumbalxia, ainda que só sexa para animar) e superaron claramente aos de Oroso Peluquería Tije e continúan na parte alta da táboa sen baixar desa terceira posición e a espera de que fallen algo os de máis arriba.

2ª División Galega

  • Resultado: Oroso Trastes - AD Zas O Pinar (1-6)

Cambiouse este partido para o domingo pola mañá e o madrugón foi o único inconvinte que tiveron os de AD Zas O PInar para superar aos de Oroso Trastes que xoga con rapaces moi novos. co cal ospartidos non tiveron outra historia máis que cumprir o trámite e despois animar as chicas da concentración femenina.

 

Vindeira cita

A últioma xornada do 2019 será a seguinte:

3ª Nacional, sábado 21 ás 17:00 horas:
- Zas Ponciano Nieto - TM Ribadeo A, en Zas
- Arteal Ventanas - Concello de Mazaricos en San Lázaro, Santiago

1ª División Galega
- EMALCSA GRUMICO "A" - VTM Pinturas Figueiras, sábado 21 as 17 h en A Coruña
- AD Zas Dimobel Bazar Baio - Arteal, domingo 22 as 11h en Zas

Ademais, o xoves 26 de decembro haiconcentración escolar en Noia pola mañá de 10:00 a 13:00 h e pola tarde torneo social do Liceo de Noia.

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO

comentarios