venres. 24.04.2026
El tiempo

O SYSCA e o SAL rematan a tempada de natación con grandes resultados no Campionato de España de Primavera

Club SYSCA en Castellon de la planta
Familia do Club SYSCA en Castellón de la Plana
O SYSCA e o SAL rematan a tempada de natación con grandes resultados no Campionato de España de Primavera

Nova viaxe dos clubs bergantiñáns. Desta volta, a pasada fin de semana viaxaron a Castellón de la Plana para participar no XIV Campionato de España Open de Primavera, e volveron con grandes resultados. O Club Salvamento Acuático Laracha - SAL acadaba un bronce nacional e un récord galego, e o SYSCA Carballo facíao con con catro medallas e dous récords galegos.

O SAL

CLUB SAL no Campioato de Espana

O cadro larachés viaxou cunha expedición formada por Gabriela Paulos García, Iria Barreiro Matos, Juan Martín Rodríguez Lafuente, Lucía Añón Sánchez, Luis Negreira Mariño, Pedro Caamaño Verdía, Shaila Rodríguez Rodríguez e Sofía Mata López, xunto co noso adestrador, Borja, representando ao club nas categorías Xuvenil, Júnior e Absoluta.

O campionato volveu evidenciar o crecemento deportivo da entidade, o compromiso colectivo do grupo e a boa liña de traballo desenvolvida ao longo da tempada. A nota máis destacada foi o papel de Pedro Caamaño, bronce de España e novo récord galego en 100 metros socorrista Xuvenil.

Pedro Caamaño do CLUB SAL coa medalla do Campionato de espana
Pedro Caamaño 

Tamén destacou Lucía Añón Sánchez, que conseguiu clasificarse como 4º junior e con ese tempo logrou entrar a esixente Final B Absoluta de 100 metros socorrista, reservada unicamente aos mellores tempos globais do campionato, sen distinción de idade.

O Club SAL quere recoñecer tamén a implicación constante de moitas familias, parte esencial do proxecto deportivo e humano da entidade.

O SYSCA

O Club Sysca remata a tempada de natación con catro medallas e dous récords gallegos no Campionato de España. O equipo carballés viaxou cun grupo de 12 atletas: na categoría xuvenil, Marta Eirís, Noa Rodríguez, Mateo Cerviño e Mateo Castelo; na categoría júnior, Raquel Suárez, Sara Puñal, Carla Mourelle, Álvaro Lavandeira e Joel García; e na categoría sénior, Andrea Goimil, Gabriel Rodríguez e Javier Agrelo. Todos eles estiveron acompañados polo seu adestrador, Diego López.

Unha das atletas máis destacadas do equipo foi Marta Eirís, que se converteu en campioa de España na proba de socorrista xuvenil dos 100 metros cun tempo de 1:04.10, establecendo tamén un novo récord gallego. Nunha final moi apertada, superou por só dúas centésimas de segundo á súa compañeira de equipo Noa Rodríguez (1:04.12), facendo que Rodríguez levase a medalla de prata. Ademais, Marta gañou outra medalla de bronce, esta vez nos 100 metros de remolque con maniquí con aletas.

Duas medallistas do SYSCA nos Campionatos de España
Noa Rodríguez e Marta Eirís, medallistass do SYSCA nos Campionatos de España

Ademais dos podios, o club colocou a varias das súas atletas entre as dez mellores de España en diversas probas.

Con este campionato, a tempada de piscina para o Club Sysca chega ao seu fin e comeza a tempada de praia. O seguinte evento será o primeiro día da liga de augas abertas, que se celebrará os días 25 e 26 de abril na praia de Silgar, reunindo a atletas das categorías infantil, cadete, xuvenil, sénior e máster.

Máis novas

Comentarios