Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Torneo Foliada de Volei Praia de Razo tórnase internacional

Presentacion Torneo Foliada Volei Praia Razo 2022
O Torneo Foliada de Volei Praia de Razo tórnase internacional

Este domingo 24 o areal de Razo recibirá o melloriño do volei praia galego. 22 parellas en sénior masculino e 20 en sénior mixto agoraton as prazas en apenas 6 días do Torneo Foliada de Volei Praia que artella a Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte.
Este ano, na súa 13ª edición, como explicaron os representantes da entidade organizadora Rosalino Mariño e Cristian Rancaño na presentación do torneo, haberá moito nivel. Haberá parellas tamén do País Vasco, e destaca a presenza da parella formada polo arxentino Fernando David Guiñazú e a croata Tea Andric, campioa de Islandia a pasada temporada.

Contra eles competirán as parellas carballesas, tamén cabezas de serie.

Volei para tod@s

Pero se queres xogar ao volei praia en Razo podes facelo a diario nas pistas da explanada, dispoñibles para o público de luns a domingo, 16.00 a 20.00 horas, ata o 31 de agosto. E ademais volven as escolas
de volei para todas as idades, de 17.00 a 18.00 horas. Máis info e inscricións, en www.facebook.com/volei.razo e no teléfono 606 400 858.

Comentarios