A Travesía Costa fará probas en mar aberto en Malpica e o Ézaro

12:31 04/05/21
Este ano volven as Travesías da Costa pola bisbarra. Serán o Ézaro e Malpica as que acollan no último treito do verán as citas deportivas de natación en mar aberto.
Despois da celebración en xullo das probas da Coruña e Oleiros, o pelotón de nadadores unirán as Sisargas e a praia de Area Maior de Malpica o 15 de agosto. A última proba será no Ézaro (Dumbría) o 5 de setembro.
Xa podedes facer as inscricións en https://www.travesiacosta.com/. Pero bulide, porque en apenas 12 horas trala súa presentación onte xa se cubriron 500 prazas.
NOVAS RELACIONADAS
- 2019: As Augas de Fisterra viviron a cita final do Circuito de Travesías Costa Abanca.
- 2019: Manu Regueiro e Marta Barbeito triunfaron nunha fermosa Travesía Costa ABanca Balarés.
- Maio 19: 4 probas costeiras forman parte do Circuíto Travesía Costa Abanca:
- Agosto 2018: 130 nadadores pecharon en Fisterra o Circuito Travesía Costa.
- 2017: Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.