Venres. 29.03.2024
El tiempo

Víctor Senra e David Vázquez volven arrincar o curso con vitoria

Senra no Rally da Coruna
Senra no Rally da Coruna
Víctor Senra e David Vázquez volven arrincar o curso con vitoria

“Experiencia positiva desde o primeiro metro. Encontreime moi cómodo aínda que o rally estaba moi complicado. Un fin de semana increíble na miña casa rodeado da miña xente. Quero darlle as gracias a Álvaro Muñiz por facer este rally espectacular. Oxalá siga así moitos anos e siga organizando esta proba”.

Así deficía o dumbriés Victor Senra a primeira cita puntuable para o Campionato de Galicia de Rallyes celebrada esta fdin de semana Rallye A Coruña. Unha cita na que o piloto costeiro, acompañado de David Vázquez, volveu subir ao máis alto do podio aos mandos do Citroën C3 WRC, cunha incontestable vitoria.

Senra e Vázquez, a pesar dun problema no primeiro bucle da mañá, os coruñeses dominaron nos escorregadizos treitos da cita coruñesa, con 7 mellores cronos de 8 disputados.
O defensor do título galego sumou o seu cuarto triunfo na cita herculina, esta vez aos mandos dun vehículo da categoría WRC, algo que non sucedía nesta proba dende a tempada 2001, cando era puntuable para o Campionato de España.

O segundo lugar do podio foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, os únicos que foron capaces de seguir, a distancia, o ritmo dos gañadores, levándose ademáis o triunfo no Supercampionato Recalvi R5 e a Pirelli Driver Autia Top Ten A.

Completaron o podio Alberto Meira e Avelino Martínez, aos mandos do Skoda Fabia R5, nunha fermosa loita durante toda a xornada con Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, cun Ford Fiesta Rally2, e con Francisco Dorado e Andrea Lamas, co Volkswagen Polo R5.

Clasificación Final Rally A Coruña:

  • Víctor Senra – David Vázquez (Citroën C3 WRC) 
  • Alberto Meira – Avelino Martínez (Skoda Fabia R5) 
  • Iago Caamaño – Alberto Rodríguez (Ford Fiesta Rally2)
  • Francisco Dorado – Andrea Lamas (Volkswagen Polo R5)
  • Roberto Blach – Mauro Barreiro (Toyota Yaris N5)

Senra campion rally Coruna

A segunda proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes terá lugar en Noia os días 14 e 15 de abril.

Comentarios