Martes. 16.04.2024
El tiempo

Víctor Senra tamén arrasa no Rally da casa cunha boa participación costeira

Victor Senra no Rally de noia 2023-Fotografías Nacho Carballeira : FGA
Victor Senra no Rally de noia 2023-Fotografías Nacho Carballeira : FGA
Víctor Senra tamén arrasa no Rally da casa cunha boa participación costeira

Non dá tregua. O dumbriés Víctor Senra e David Vázquez volveron vencer na segunda proba do Campionato Galego de Rallyes, O Rallye Berberecho de Noia. O Citroën C3 WRC, apenas conseguía acabar a primeira xornada cun escaso marxe de 0,3 segundos sobre Alberto Meira e Avelino Martínez, ampliaron a vantaxe na xornada do sábado ata o 1’42’’, suman do así o seu segundo triunfo en dúas probas.

“Foi un Rallye perfecto como o anterior”, sinalou Senra. “O venres tomamos as cousas con calma e xa o sábado eran tramos moi preto da casa e da miña xente. Corrín disfrutei e fixen desfrutar os afeccionados. Quero darlle a noraboa ao meu equipo polo traballo, ten moito valor o resultado. Todavía non sei se sairei co C3. O coche está en venta, pero encantaríame poder saír no Mariña con él”, explicou o dumbriés, que queda xa con 82 puntos, 12 mñais que Meira.

Alberto Meira e Avelino Martínez, e Francisco Dorado e Andrea Lamas, completron o podio, e a 4ª posición foi para o santiagués con familia en Lariño, José Manuel Lamela Lojo e Daniel Pérez (Yacar Racing) co Skoda Fabia N5 (nº9), tras unha fermosa loita entre os N5 galegos con Jorge Pérez Oliveira e Miriam Vera.

O propio Lamela sinalaba que “Estamos moi ledos polo resultado porque arranamos os problemas co coche da primeira proba. Collemos ritmo durante a carreira e xa no Mariña Lucense queremos ir a máis. A Gara N5 é unha Copa con moita rivalidade e cantos máis sexamos, mellor”.

Javier Lariño Waldomar e Fran Piñeiro (AR Vidal Racing) non puideron acabar pois tiveron problemas co Citroen G2 GT (nº44).

Máis expedición costeira

Evelyn Solares acabando o Rally de Noia
Evelyn Solares e David González Carou

Polo demais, en clave costeira, Manuel Senra e Faus Suárez (Senra Sport) co Peugeot 306 Kit Car (nº7) quedaron na 10ª, mentres que o mazaricán Javier Ramos Grille e Santi Nieto (Ourense) co seu Ford Sierra RS Cosworth (nº8) fixo 18º.

Máis contenta quedou Evelyn Solares escoltada por David González Carou (Berberecho) no Suzuki Swich Sport (nº94).. “Reboso de felicidade”, ciontábanos, “O rally da casa é especial, e chegar ao parque pechado e ter a túa xente esperandoche é unha pasada”.

Pola súa parte, non puideron acabar Javier Lariño Waldomar e Fran Piñeiro (AR Vidal Racing) co Citroen G2 G. ”Para esta carreira revisamos o coche ao 100% pero ainda asi, tuvemos un problema na caixa de cambios e para que a avería non fose a mais, decidimos parar. Ahora toca reparar e preparar ben a proxima carreira”, explicounos.

Vindeira citaq

A próxima cita puntuable para o Campionato Galego de Rallyes será o Rallye Mariña Lucense os días 12, 13 e 14 de maio.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios