Martes. 30.04.2024
El tiempo

A VIII BTT “Os Picos de Mazaricos – Da Ruña ao Aro” celébrase o domingo 14 de abril

VIII BTT Os Picos Mazaricos 2024
A VIII BTT “Os Picos de Mazaricos – Da Ruña ao Aro” celébrase o domingo 14 de abril

Mazaricos celebrará a oitava edición da súa xa emblemática BTT “Os Picos de Mazaricos. Da Ruña ao Aro” o domingo 14 de abril. Volverase vivir unha xornada de ciclismo a través dalgunhas das paisaxes máis destacadas da Costa da Morte e da comarca do Xallas.

A proba é cronometrada e de carácter non competitivo. Poderán competir nela ciclistas a partir dos 16 anos de idade.

Nesta edición, o percorrido contará con dúas rutas distintas: unha curta de 40 km e outra longa de 50. O trazado de ambas as dúas rutas pode consultarse aquí. A lonxitude deste ano supón un incremento de 5 km en cada ruta respecto a 2023.

As inscricións para a proba abrirán o vindeiro luns, 5 de febreiro. Poderán formalizarse tanto a través da web www.sportmaniacs.com como por medio da app Saudeter en android e ios.

Esta nova edición da BTT volve pór o foco na beleza da contorna mazaricá. O trazado das rutas discorre na súa maior parte a través de camiños rurais e forestais de grande valor paisaxístico e natural. A proba une ademais as dúas grandes alturas mazaricás, como son o alto da Ruña, cos seus 646 metros de altitude e o monte Aro, con 550.

Comentarios