Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Volei Dumbría Infantil, camiño da xesta estatal

Volei Dumbria coa sua afeccion en Soria
O Volei Dumbría infantil coa súa afección en Soria
O Volei Dumbría Infantil, camiño da xesta estatal

Esta fin de semana celebrouse a primeira fase do Campionato de España de Volei Infantil en Soria. Alí está a expedición do Volei Dumbría-Manuela Rial, vivindo unha experiencia de cine.

Seguen sen coñecer a derrota este curso, tralos 3 primeiros partidos da fase de grupos. Venceron a Talavera e Valladolid con solvencia, por 3-0. E máis especial e emotivo foi o terceiro partido, contra un dos favoritos, o Elche. Os costeiros venceron poe 3-1 a un equipo ao que xa se enfrontaran no Campionato de España Alevín hai dúas temporadas. Que fermoso é volver coincidir nunha pista!

Deste xeito pasan de primeiros á seguinte fase, que xa comeza hoxe, con dous partidos nos que hai que vencer para pasar a semis. Estaremos atentos.

Volei Dumbria Infantil 2021

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios