Mércores. 13.11.2019
El tiempo

2.000 familias de Ponteceso acostúmanse a reciclar o aceite usado

2.000 familias de Ponteceso acostúmanse a reciclar o aceite usado

Bidons de Collecting-Oil-recolle-aceite-usado-en-Ponteceso

Fantásticas as cifras de reciclaxe das 2000 familias de Ponteceso que participaron nesta campaña de recollida de aceite de cociña usado. Unha campaña que terá que ficar xa no costume dos veciños, despois de ter reciclado un total de 2.830 litros de aceite. Unha cifra máis que salientable para ser a primeira campaña realizada porta a porta, coa colaboración do persoal da empresa Collecting Oil.

En todo o concello están distribuídas 2.007 botellas especiais para o almacenamento do aceite nas casas. Os recipientes teñen 10 litros de capacidade e na tapa levan un adhesivo no que se indica a data na que pasará a recollerse. Ese día non é preciso estar na casa. Abonda con deixar a botella na porta, e o persoal da empresa encargarase de retirala e substituíla por outra para iniciar de novo o proceso.

Campaña aberta

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Pose Verdes, expresou a súa satisfacción pola boa acollida do servizo e animou aos veciños e veciñas que aínda non se sumaron a facelo. Para elo unicamente hai que chamar ao número de teléfono 639920936, onde se concertará día para a visita inicial do persoal de Collecting

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/mais-de-2-000-familias-de-ponteceso-xa-reciclan-o-aceite-usado/ https://quepasanacosta.gal/as-cifras-da-xeracion-de-lixo-de-carballo/ https://quepasanacosta.gal/recollidos-mais-de-1-200-litros-de-aceite-usado-nos-novos-colectores-de-carballo/

Comentarios