25 anos da Casa dos Veciños do Couto: Unha historia de identidade


A historia da Casa dos Veciños do Couto explica perfectamente o xigantesco traballo de canteira que leva realizando o colectivo asociativo do Couto dende hai 30 anos. A primeira Asociación Monte Branco, e as súas “fillas” Fundación Eduardo Pondal, Asociación Cultural Inllar, Colectivo V de Valares… levan tres décadas formando e formando xente preparada, xente crítica, xente creativa.
A Casa dos Veciños do Couto representa esa identidade, esa vinculación co eido cultural dende o compromiso, dende a cousa propia. Porque a Casa dos Veciños foi erguida, aló polo 1993, polos propios veciños da pequena aldea pontecesá. A Asociación Monte Branco, que cumpría 35 anos o pasado ano, mercaba un terreo e foron os veciños do lugar os que ergueron, pedra a pedra, a Casa que hoxe é patrimonio cultural de Galicia.

Por ela pasaron os nomes máis soados da cultura galega. O mesmo ano da inaguración pasaba polo Couto Manuel María , e dende aí son innumerables os nomes importantes que teñen pasado polo Festiletras e polo resto de actividades da entidade.

25 aniversario

Con todas estas cousas, o Couto xa é coñecida en todo o país como a “Aldea das Letras”, a aldea “gala” das letras, facendo referencia a esa loita contra vento e marea pola defensa da lingua galega.
E vai celebrar en breve unha data moi especial. Este domingo 14 de xaneiro, dende o medio día, haberá pinchos, música e historias de lembranzas para recuperar os 25 anos da inauguración da Casa dos Veciños da aldea do Couto.
Novas relacionadas
- Maio 2017: Emotivo arranque do Festiletras coa entrega dos premios Bos e Xenerosos.
- Marzo 2017: Unindo aos tres protagonistas do Rexurdimento literario galego polo centenario do pasamento de Pondal.
- Festiletras 2016: A familia das Letras Galegas vive no Couto.
- Festiletras 2015: Emotividade e risas para o comezo do #Festiletras2015.
- Festiletras 2015: Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP 2015
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2014: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
Máis novas
- A mocidade que forma.
- Guadi Galego: “As letras galegas xa non son se non hai Festiletras”.
- 2016: A mocidade pondaliana comparte experiencias.
- 2014: A mocidade voluntaria do Couto levanta a man.
- 2013: Do enorme traballo de canteira dende O Couto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).