Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Aldea sostible do Couto salva ao rural mundial a base de cultura

A Aldea sostible do Couto salva ao rural mundial a base de cultura
Outono 2014 na Fundacion Eduardo Pondal do Couto

Non para nunca a Fundación Eduardo Pondal de armar actividades culturais que gustan a todos. E este outubro chega moi cargado, cheo de propostas para todos os públicos, demostrando que as aldeas teñen moito que dicir en Europa.

E por algo se lle chama a Aldea das Letras, e por algo participaron nun proxecto denominado “Aldeas do século XXI”, que trata de demostrar que as aldeas teñen cabida na nosa era, que o éxodo rural rematou, e que depende da sociedade a permanencia, ou volta ao campo. O Couto é nn poucos exemplos da volta onde unha aldea atrae ao público da capital.
E boa mostra disto a dá a cantidade de entidades radicadas no Couto, que participan en cada unha das citas, como son, ademais dos veciñ@s da parroquia, a Banda de Gaitas Inllar, a Fundación Eduardo Pondal, a A.C.Monte Branco e o Colectivo VdeValarés, entre outros.

A gran cita, na que se presentará o proxecto “Aldeas sostibles”, será o sábado 4 de outubro ás 11:00h na Casa do Cura.

Festas do Sacramento

Festas do Sacramento do Couto-Ponteceso 2014

Varias actividades no marco do Sacramento, que arrincarán o sábado 4 de outubro con hinchables e xogos para nenos dende ás 18:00h. A cita do sábado pola tarde darase ás 20:00h coa presentación de actividades da Casa da Muller, que rematará cunha degustación de churrasco e baile co Trenda Unha e o Dúo D’Cine.

Para o domingo 5 toca o Día do Sacramento. Desde as 10.00h .Pasarrúas dos gaiteiros INLLAR. Ás 13.00h. Misa solemne e de seguido Danza de Paus do Santísimo Sacramento co grupo de danza de Inllar. Ás 14.00h. Sesión matinal cos grupos de danza Inllar e sesión vermú co Dúo Satélite.

Xa o luns 6 de outubro, Día de San Antonio, despois da misa ás 13.00h, teremos procesión cos gaiteiros de INLLAR.

Haberá Simposio

Outras das boas novas será a celebración do 19º Simposio Pondaliano, con variedade de actividades que pretenden vencellar á mocidade, aos mestres… a toda a aldea e mesmo á capital.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios