Luns. 09.09.2024
El tiempo

A Deputación organiza terceiro concurso de guións para loitar contra a violencia de xénero

A Deputación organiza terceiro concurso de guións para loitar contra a violencia de xénero
concurso-guions-contra-violencia Alumnado de entre 12 e 18 anos poderá participar na nova convocatoria do concurso de guións contra a violencia de xénero, unha das iniciativas da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero dirixida a concienciar á mocidade na loita contra o machismo.  Alumnos alumnas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga está convidados a participar, individualmente ou preferentemente en grupo de até 6 participantes, no III concursos de guións contra a violencia de xénero que convoca a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña. Coa iniciativa, búscase contribuír á reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero nunhas idades chave para a formación en igualdade. “Desde a promoción da creatividade queremos contribuír ao combate contra a violencia de xénero nun momento en que os datos están a falar dun incremento do machismo entre a mocidade”, explica a deputada Ánxela Franco, responsábel da área de Igualdade da Deputación da Coruña. Desta maneira, o concurso de guións, ademais de premiar un dos traballos presentados, transcende á propia convocatoria ao incluír unha segunda parte de difusión co obxectivo de ampliar a súa influencia social. Con este criterio, o traballo premiado será o que o xurado entenda que non só ten calidade artística e creativa senón tamén promova o impacto social e a conciencia contra a violencia de xénero. Tamén se terá en conta a viabilidade da posterior produción audiovisual. Con este fin, o premio consistirá nun curso práctico de realizacións de curtas do que sairá a produción do vídeo sobre o guión gañador. Ademais, outorgarase un premio en metálico con 4.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador. O prazo de entrega rematará 30 días naturais despois da publicacións das bases que foi o pasado 7 de novembro. A iniciativa súmase ao conxunto de liñas de traballo que desenvolve a área de Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña encamiñadas á eliminación da violencia de xénero. Como o concurso Concepción Arenal de proxectos de igualdade e prevención da violencia de xénero, tamén destinado a centros educativos. Ademais, o departamento dirixido por Ánxela Franco iniciou co novo curso escolar o programa “Suprime o control” que se está a desenvolver en centros dos concellos de Trazo, Touro, Malpica, Cerceda, Ponteceso, Boimorto, Dodro, Tordoia, Arzúa, O Pino e Mesía pertencentes ás comarcas de Arzúa, Bergantiños, Ordes, Santiago e o Sar. O programa ten como obxectivo traballar na prevención da violencia de xénero e a construción da igualdade entre a xente nova. Novas relacionadas Fonte

Comentarios