Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A mocidade que emprende fala con Pondal

A mocidade que emprende fala con Pondal
Xornadas da Muller emprendedora a semana pasada Xornadas de Emprendemento da FEP

É este un perfecto exemplo do ben que traballa a canteira esta xente do Couto, de Ponteceso, esta xente da Fundación Eduardo Pondal e a Asociación Monte Branco que serve de criadoiro de ideas, de novos valores.

As Xornadas "Parece cousa de Emprendemento" xa comezaban esta pasada fin de semana danvo voz ás “Mulleres da ribeira baixa do Anllóns”, convertíndoas en verdadeiras protagonistas.

A serie, na liña que estamos a comezar na sección de entrevistas de David Lourido "As Bondades da fala", continúa este sábado, 5 de outubro de 2013. Un xeito de visibilizar esas pequenas propostas emprendendoras, empresariais, que está a crear a mocidade costeira precisamente para ficar na casa e non ter que emigrar.

Serán unha ducia de propostas as presentadas en mini conferencia de 5-10 minutos, entre as que estará o proxecto QPC. Ademais coñeceremos iniciativas de deseño, de audiovisual, festivaleiro, de formación, de voluntariado cultural... Unha morea de propostas feitas e desenvoltas na Costa da Morte pola xuventude.

Programa das Xornadas "Parece cousa de Emprendemento"

  • 10,30 h.- Chegada participantes. Almorzo na lareira.
  • 10,55 h.- Constitución da mesa presidencial. Preside Begoña Ríos, delegada de Xuventude na Coruña, e acompáñana María José Imia, patroa da Fundación Eduardo Pondal; a concelleira de Xuventude de Ponteceso, Susana Cousillas e a coordinadora da xornada, Verónica Couto Tasende.
  • 11,00 h.- Inicio da Xornada de Emprendedores Xuvenís. Orde de intervencións: Verónica Couto Tasende, xornalista; Susana Cousillas, concelleira de Xuventude; María José Imia, patroa da Fundación Eduardo Pondal; Begoña Ríos, delegada de Xuventude na Coruña.
  • 11,15 h.- Inicio panel de experiencias. Orde de intervencións:
    - Andrés Eirís, empresa Viraxes, experiencia Os muditos.
    - Loida Neira, diseñadora de moda e bloguera.
    - Rafael Castro, diseño de interiores.
    - Sergio Cernadas, Universidade Cromática de Corcubión.
    - Alejandro Lamas, Pandeireta Pro.
    - Adrián Varela, Festival con V de Valarés.
    - Tamara Lema, voluntariado cultural.
    - Omar Rabuñal, director de cine.
    - Ubaldo Cerqueiro, publicación Que pasa na costa.
    - Manuel Dourado, promotor de A Escola na Rúa.
    - Marcos e Xosé Antonio Touriñán, promotores da empresa Airapro.
    - Maria Luz Imia, asesoría Gespyme.
  • 12,30 h.- Inicio debate-intercambio de opinións sobre o Emprendedurismo xuvenil no rural. Conclusións da xornada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios