A Praia de Valarés prepárase xa para un festival con V


A Praia de Valarés, en Ponteceso, volverá ser tomada pola música o vindeiro sábado 18 agosto. Chega a VI edición do Festival V de Valarés, que volve a ser incluido na axenda Son Estrella Galicia.
Se por Malpica xa contan con bandas tan referentes como os Heredeiros da Crus para o Nordestazo, por Valarés non quedan cortos e xa teñen confirmadas bandas como Sex Museum, Fuel Fandango, Grises, Dolores ou Rubick y His Majesty The King.
Ademais, como novidade este ano, o festival contará con novos apartados como o de arte gráfica ou o de creación audiovisual. Todo isto rodeado do privilexiado paraíso natural que é a Praia de Valarés con cámping e aparcadoiro gratuíto.
As entradas xa á venta
Xa están á venta ás entradas do Festival a través de Nova Galicia Banco, ademais de en ticketmaster, Carrefour ou Halcón Viaxes. Poden adquirilas xa durante estes meses de marzo e abril a 6€ (máis os 2 de rigor que cobra a entidade bancaria), a 7€ durante maio e xuño, a 8€ en xullo e agosto e a 10€ o propio día na taquilla.
As entradas, ademais, están tendo premios coma este:

Con V 2011
E para que vos decatades da incidencia deste festivalón, deixámosvos con este traballo realizado polos amigos de Pelicula Invertida de Santiago de Compostela cun resumo do festival Con V de Valarés 2011:
Máis información
Novas relacionadas
- ConVdeValarés 2010: As guitarras tomaron Valarés.
Máis novas
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
- Entrevista con Santi Romay, un malpicán en todos os “fregaos”.
- The Gone&Lost superan en Madrid a primeira batalla de bandas metaleiras.
- Quilmas ruxe a ritmo de rock.
- LeöKCh en estado de ansiedade.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).