Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Corme lánzase para salvar o pozo da Lagoa dos eólicos

A veciñanza de Corme lánzase para salvar o pozo da Lagoa dos eólicos

O proceso de repotenciación do parque eólico de Corme pode, ademais de deixar moitos propietarios sen “premio”, pode afectar un dos patrimonios do Roncudo. Ata o punto de que un grupo de veciñas, preocupadas polas consecuencias están xuntándose para informarse. Por que a información sempre é a gran esquecida en todos estes proxectos eólicos?

”Parécenos relevante poder entender que supón a industria da enerxía eólica, que beneficios reporta tanto as empresas como as comunidades que a soportan, e tamén coñecer, cales son os riscos para as poboacións afectadas pola implantación dun parque deste tipo”, sinalan os promotores desta xornada informativa que terá lugar o venres 23 de novembro a partir das 18h no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Corme.

Participarán na charla Damián Copena (investigador economista), que amosará as repercusións sociais e económicas, e explicará diferentes modelos de xestión e as posibilidades de negociación coas empresas. Estará tamén Fins Eirexas (xeólogo de ADEGA) que achegará cal é o impacto medioambiental da implantación e mantemento do parque; e finalmente, a arqueóloga Ana Isabel Filgueiras repasará as afeccións ao patrimonio.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/ventonoso-intentou-aportar-informacion-aos-afectados-pola-repotenciacion-do-parque-eolico-de-corme/ https://quepasanacosta.gal/a-vecinanza-de-coristanco-carballo-e-santa-comba-desafiou-aos-eolicos-e-ao-temporal/ https://quepasanacosta.gal/como-repercute-a-invasion-dos-eolicos-nos-concellos-da-costa-da-morte/

Comentarios