Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta volve poñer en pé de guerra aos Axentes Forestais

A Xunta volve poñer en pé de guerra aos Axentes Forestais
Manifestación dos Axentes Forestais e Medioambientais en Santiago Manifestación dos Axentes Forestais e Medioambientais en Santiago

6 meses de traballo en quendas de 12 horas e máis de 2.000 horas de traballo anuais. Esas son as condicións que propón a Xunta para solventar a problemática laboral dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia, que s obriga, de novo, a saír á rúa a defender os seus dereitos. O colectivo rechazou a proposta da Administración para solventar as demandas dos últimos 15 anos de traballo do colectivo, porque a consideran “miserable e cicatera”.

Este pasado venres, uns 300 axentes da CIG e UGT volvían saír á rúa despois de lembrar que levan dende 2004 traballando en todos os incendios, mesmo de voluntarios, excendendo ducias de horas e horas, “sen esixir nada e dándoo todo; confiando na conselleira e no presidente Feijóo... E a día de hoxe aínda non percibiron nin un euro do pago desas xornadas realizadas no 2017. Por iso comezaban en 2017 as negociacións para renovar un Acordo de condicións de traballo asinado no ano 2004, e caduco dende o 2007.

5 meses despois, as solucións parecen estar lonxe, pois as posicións son moi diferentes.

Ademais, dende as organización sindicais critican a política forestal da Xunta, que “malgastou máis de 5 millóns de euros de diñeiro público de todos os galegos nos últimos 10 anos, cartos que servirían para desbrozar moitos quilómetros de pistas forestais e poder atallar os lumes con máis axilidade, pistas que estaban totalmente pechadas e sen desbrozar nos últimos 5 anos”.

Cartos que se empregaron en cámaras ás que non se lle fai mantemento e están inservibles, os drons son ineficaces, mentres a Policía Medioambiental de Galicia está sen vehículos

Limpezas de fincas

Mentres, o presidente Feijoo recoñecía hai semanas que el tampouco limpa as súas fincas, que el tampouco cumple a lei forestal. Agora a Xunta estase poñendo mans á obra para que as parcelas (ou tramos) que estean a menos de 50 metros de solos urbanos ou edificacións estean perfectamente desbrozados.

Unha urxencia que obriga aos concellos a tomar cartas no asunto. Os primeiros que sabemos que fan algo son os membros do Concello Ponteceso, que está envíando 9.000 cartas a propietarios de fincas e montes para informar sobre as obrigas de limpeza. Ademais, informan que intensificarán os labores de vixilancia e control durante os meses de verán para intentar garantir a seguridade das persoas e das edificacións.

Con esta iniciativa, que xa fora posta en marcha hai dous anos polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso, preténdese dar resposta a todos os veciños e veciñas que se atopan “alarmados e desinformados pola Xunta de Galicia”, segundo afirmou o Alcalde Lois García Carballido, que tamén destacou a “intención de colaborar na protección do máis valioso que temos, que son as vidas e os investimentos das persoas, os seus efectos persoais e o que herdaron dos seus pais e nais”. Así mesmo, o rexedor municipal foi moi crítico co goberno autonómico ao afirmar que “non se pode pretender que centos de veciños de Ponteceso, propietarios dos monte, vaian ata Carballo a encher un documento tan complicado como é unha declaración responsable. Non é de recibo descargar no Concello o traballo da Xunta”, concluíu.

Xornada de En Marea

En Marea analizará as eivas e necesidades do Plan Forestal de Galicia e buscará alternativas para un mellor deseño e ordenación dos montes galegos. Farao a través dunhas Xornadas Parlamentarias que se celebrarán o venres 15 de xuño. Unhas sesións que contarán coas aportacións de expertos de distintos eidos; que achegarán á Cámara galega puntos de vista e experiencias necesarias para optimizar a xestión dunha masa forestal vinculada ás necesidades e particularidades ambientais de Galicia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-axentes-forestais-de-aprafoga-tamen-lle-piden-a-xunta-os-cartos-que-lles-debe-polos-traballos-na-vaga-de-lumes-de-outubro/

Artigos sobre os incendios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios