Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Abellariza e a AECC unen forzas para artellar a Andaina Solidaria a prol da investigación

Andaina Solidaria da Abellariza e AECC
As Xuntas directivas das Abellariza e AECC de Cabana presentando a Andaina Solidaria
A Abellariza e a AECC unen forzas para artellar a Andaina Solidaria a prol da investigación
Despois do mal trago do ano pasado cando tiveron que cancelar por mor do Covid-19 a Andaina Solidaria de Laxe, as Asoeciación Española contra o Cancro e Abellariza unen forzas de novo para reitentar cumplir co compromiso de axudar a prol da investigación contra o cancro.

Así, onte presentaban a Andaina Solidaria, que se celebrarará o vindeiro 18 de xullo, con saída do Campo da Feira Ponteceso, cara a Anllóns facendo un percorrido circular de 10 km no que pasaremos pola Casa do Demo, visitando a catarata do Pardón, o Campo do Río, para despóis regresar ao punto de partida. Unha andaina de nivel baixo – medio para todolos públicos cunha duración aproximada de 3 horas na que se recomenda levar calzado e roupa adecuados e auga ou froita para hidratarse.

A inscrición ten un custe de 10€ que irán destinados a Xunta Local contra o cancro de Cabana, concretamente para a investigación contra esta enfermidade, ademáis os participantes serán agasallados cunha camiseta técnica de Abellariza que tamén se fai cargo como non podía ser doutra forma do seguro do evento.

A saída será as 10:00 h. e a inscrición e a entrega da camiseta terá lugar antes de iniciar a ruta, polo que se pedirá aos participantes que intenten chegar entre as 09:00 h e as 09:45 h.

Comentarios