A AECC arrincou a súa campaña de sensibilización en Toba aconsellando sobre o cancro de pel

A Xunta Local de Cee da Asociación Española contra o Cancro traballa estes días nunha campaña enfocada especialmente nestas datas ao cancro de pel, xa que o 13 de xuño foi o Día Mundial adicado a esta enfermidade. Arrincaron a campaña de verán esta pasada fin de semana en Santo Adrián de Toba, onde colocaron a súa mesa informativa, para sensibilizar e dar información sobre a enfermidade.
A xornada festiva foi tamén unha xornada de mañá moi solidaria, quedando gratamente agradecidas polas mostras de apoio ofrecidas, visibles tamén nas aportacións económicas que dobraron as previsións habituais.
Dende a comitiva local queren agradecer ao persoal organizador, a Comisión de Festas e ao Pai Desirée que alentaron a colaborar coa causa.
Información
Lembran que cancro de pel prodúcese polo crecemento anormal e descontrolado das células cutáneas, que se alteraron debido á acción da radiación ultravioleta UV), que pode proceder tanto da luz solar como doutras fontes artificiais de radiación ultravioleta. O dano provocado pola exposición solar nas células é acumulativo, polo que o risco de padecer este cancro increméntase coa idade.
Por iso recomendan:
- Evitar a exposición solar e a aparición de queimaduras, sobre todo nos primeiros anos de vida.
- Usar protector solar antes de expoñerse ao sol, adecuado ao fototipo de pel e aplicalo de forma abundante e coidadosa antes e durante a exposición ao sol.
- Evitar estar ao sol durante períodos prolongados e evitalo especialmente nas horas centrais do día (entre as 12 e 16 horas)
- Usar barreiras fronte á radiación UV: roupas de manga longa, pantalóns longos), chapeus e lentes cado se estea ao aire libre exposto ás radiacións solares.
- Non expoñerse ás camas u aparellos de bronceado. E debe prohibirse en menores de 18 anos.
- Realizar unha revisión periódica da pel por un dermatólogo
- É importante coñecer as manchas ou nevus da nosa pel, para que cando vexamos algún cambio nalgunha delas acudir a un dermatólogo para que valore se é necesario algunha proba.
Ademais, sinalan que a regra do ABCDE pódenos axudar a distinguir un lunar normal dun melanoma:
- A: Asimetría: que a metade dun lunar non é igual que a outra metade.
- B: Bordos irregulares: bordos desiguais. Irregulares, borrosos ou dentados.
- C: Cor: varias cores diferentes na lesión (as cores máis perigosas son os avermellados, esbrancuxados e azulados sobre lesións de cor negra).
- D: Diámetro: cando o lunar mide máis de 6 milímetros ou aumenta de tamaño (maior de 6 mm.).
- E: Evolución: se o lunar experimenta cambios en canto a tamaño ou forma.