luns. 23.06.2025
El tiempo

Alexander e Marcos, do IES Eduardo Pondal, dúas das mellores notas da PAU 2025

Alexander e Marcos, do IES Eduardo Pondal, dúas das mellores notas da PAU 2025

Eles son Alexander Costa e Marcos Señorís, os dous estudantes do IES Eduardo Pondal de Ponteceso e que veñen de obter un merecido recoñecemento por ser dous dos xoves con mellores notas na PAU - Probas Acceso á Universidade - 2025.

Ao igual que todos os anos, o alumnado galego cos mellores expedientes nas probas de acceso á universidade reuníronse nun acto que tivo lugar na Universidade de Vigo e que reuniu a unhas 2.400 persoas, entre os que estaban alumnos e alumnas, docentes e familiares. No acto tamén estiveron presentes o reitor da UVigo, Manuel Reigosa; e os seus homólogos na Coruña e Santiago, Ricardo Cao e Antonio López. 

Comentarios