Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ana Vecino toma o relevo de Beatriz Martínez tras unha nova dimisión no PP de Ponteceso

As concelleiras Beatriz Martinez e Marta Carrilo con Feijoo e Daniel Garcia Cotelo
Beatriz Martínez, á esquerda, xunto a Marta Carrillo, Feijoo e García Cotelo
Ana Vecino toma o relevo de Beatriz Martínez tras unha nova dimisión no PP de Ponteceso

Se no PSOE fan falta varias manos para contabilizar as dimisións nos últimos anos, no PP de Ponteceso tamén está habendo unha boa criba. Nada máis caer nas eleccións, o ex alcalde Fondo Aguiar daba un paso atrás, e paralelamente facía o propio Óscar Rey Calo. Onte era a concelleira Beatriz Martínez a que presentaba a súa dimisión, a sexta dende que comezou a lexislatura.

Martínez, que co número 9 na lista ocupaba posto de concelleira xunto ao voceiro Daniel García Cotelo e Marta Carrillo, deixa a acta por razóns persoais e cansa de tanta tensión.

Será Ana Vecino Santiago a que se incorpore ao pleno. De 36 anos e veciña de Langueirón, é colaboradora activa da xestora local do Partido Popular no municipio e empregada dunha panadería, e tomará posesión no próximo pleno ordinario.

Comentarios