Mércores. 11.09.2024
El tiempo

APIN-SON e BNG garantirán a investidura de Lois Carballido como novo alcalde de Ponteceso

APIN-SON e BNG garantirán a investidura de Lois Carballido como novo alcalde de Ponteceso
Jose Manuel Pose Verdes Lois Carballido e Carlos Penedo en Ponteceso

Outra das 6 alcaldías que podería perder o PP xa está practicamente sentenciada. En Ponteceso, despois de 22 anos de goberno azul, toca cambio de cores. E o novo goberno será un compendio do vermello do PSOE, do celeste do BNG e do morado de APIN-SON. Os tres grupos, PSdG con 4 edís, APIN-SON con 2 e BNG con 1, formarán o novo goberno, sendo o socialista Lois Carballido o novo alcalde de Ponteceso.

Así o acordaron hoxe na primeira reunión que celebraban os 3 candidatos (Carballido, José Manuel Pose Verdes e Carlos Penedo) onde se constatou a “boa predisposición para chegar a un zstrong>acordo de estabilidade no goberno municipal durante toda a lexislatura”. O obxectivo claro é acadar un cambio político en Ponteceso, e por iso, de primeiras garantirán a investidura de Lois García Carballido como Alcalde, durante o pleno do vindeiro sábado 13 de xuño, mentres continúan negociando para ver se hai pacto de goberno ou lle toca gobernar en minoría con acordos concretos ao PSdG.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios