Martes. 16.04.2024
El tiempo

Eleccións #24M: 3 listas para intentar evitar a sexta lexislatura de Fondo Aguiar

Eleccións #24M: 3 listas para intentar evitar a sexta lexislatura de Fondo Aguiar

Chegan unhas novas eleccións ao Concello de Ponteceso, e o fan con 4 candidaturas optando aos 13 postos de concelleiros. 8 ten o PP na actualidade despois das eleccións de 2011, e parece que esa sería unha boa cifra para José Luís Fondo Aguiar, no poder dende que en 1993 asaltase a alcaldía nunha moción de censura. Dende aquela xa van 5 eleccións gañadas, e vai pola 6ª a pesar de que o seu número 2, o activo Óscar Rey, parecía unha boa alternativa como candidato. O resto, case o mesmo equipo que o acompaña cada pleno.

Foi o PSdG a segunda forza en 2011 con 3 concelleiros. E parece que mantén a súa política agresiva con Lois Carballido á fronte, pero con novos nomes ao seu carón como Isabel Vuelta González, Susana Toja e José Luís Pena.

A terceira forza, cun só concelleiro sacado en 2011, foi o BNG. Un BNG que cambia a Manuel Varela por Carlos Penedo Casmartiño, un home cunha longa experiencia no traballo sindical con diversos postos na CIG. Un Penedo que chega para traballar “desde a honradez e o compromiso cun proxecto de país”.

Ten APIN 1 concelleiro na actualidade, que quere mellorar trala súa unión á plataforma de esquerdas “Son Ponteceso”, unha plataforma creada baixo a idea de A Nova, Esquerda Unida, Ecosocialistas e a que se uniron multitude de movementos cidadáns, independentes, asociacións, mareas, etc… O actual concelleiro, José Manuel Pose, seguirá sendo o número 1. Hai catro anos presentábase cun programa no que os catro puntos básicos eran: “traballo, honestidade, transparencia e propostas creativas”. Este ano, “o eixo seguirán sendo as persoas e a xente común”.


Candidatura núm.: 1. PARTIDO POPULAR (P.P.)

Lista do PP de Ponteceso 2015
  • 1. JOSE LUIS FONDO AGUIAR.
  • 2. OSCAR MANUEL REY CALO.
  • 3. SUSANA COUSILLAS SANCHEZ.
  • 4. MARIA DEL MAR DURAN MATO.
  • 5. JOSE LUIS BERMUDEZ GARCIA.
  • 6. ALBERTO AMADO CANCELA.
  • 7. BEATRIZ MARTINEZ CALVO.
  • 8. MARGARITA RODRIGUEZ POSE.
  • 9. JOSE VARELA AMEIJENDA.
  • 10. ANA GONDA GONZALEZ.
  • 11. OBDULIA FERNANDEZ GRAIÑO.
  • 12. ELISEO ROMERO RODRIGUEZ.
  • 13. MARIA YOLANDA VIDAL RODRIGUEZ.

Suplentes:

  • 1. ADOLFO FRANCISCO VALIÑA VAZQUEZ.

Candidatura núm.: 2. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.)

Lista do BNG de Ponteceso 2015
  • 1. CARLOS PENEDO CASMARTIÑO.
  • 2. LUCIA VECINO SOUTO.
  • 3. SANDRA MARIA SOUTO GOMEZ.
  • 4. JUAN JOSE BERMUDEZ GARCIA.
  • 5. PAULA COUSILLAS PENA.
  • 6. MANUEL FERNANDO RIVERA POSE.
  • 7. MARIA SONIA MUÑOZ MARQUEZ.
  • 8. JOSE LUIS VARELA VIDAL.
  • 9. EMMA ABELLA CRUZ.
  • 10. ALVARO SOUTO LOPEZ.
  • 11. MARIA DEL CARMEN LISTA NEIRA.
  • 12. ANDRES AMADO FONDO.
  • 13. JOSE SOUTO RIVERA.

Candidatura núm.: 3. PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL (P.S.O.E.)

Lois Carballido volve presentarse co PSOE de Ponteceso
  • 1. XOSE LOIS GARCIA CARBALLIDO.
  • 2. ISABEL VUELTA GONZALEZ.
  • 3. SUSANA MARIA TOJA BLANCO.
  • 4. JOSE LUIS PENA ROMAY.
  • 5. JOSE MANUEL RAMA VEIGA.
  • 6. MARIA CARMEN LEMA FERNANDEZ.
  • 7. GEMA SAGNIER TORRAS.
  • 8. JULIAN VILA VILLAR.
  • 9. JOSE ANTONIO RODRIGUEZ SOUTULLO.
  • 10. JOSE COSTA GARCIA.
  • 11. MARIA SONIA VAZQUEZ IGLESIAS.
  • 12. VICTOR MANUEL CAMBON PAZ.
  • 13. ASUNCION VARELA VECINO.

Suplentes:

  • 1. MANUEL POSE ALVAREZ.
  • 2. MARIA DOLORES BERMUDEZ VARELA.
  • 3. ALFREDO TORRES VILLAR.
  • 4. JOSE MANUEL POSE FONDO.
  • 5. MARIA ENCARNACION RODRIGUEZ BARCA (Independiente).

Candidatura núm.: 4. SON (SON)

Lista de APIN Son Ponteceso 2015
  • 1. JOSE MANUEL POSE VERDES (Independiente).
  • 2. MARCO ANTONIO VARELA VIDAL (Independiente).
  • 3. MARIA ANGELES CARABEL MOSQUEIRA (Independiente).
  • 4. MARIA DEL CARMEN MATO GONZALEZ (Independiente).
  • 5. ELISEO SUAREZ TRIGO (Independiente).
  • 6. EDUARDO VARELA LOPEZ (Independiente).
  • 7. LAURA VALIÑA AMADO (Independiente).
  • 8. ANGELA VARELA GARCIA (Independiente).
  • 9. MARCOS COTELO SOUTO (Independiente).
  • 10. ESTRELLA CASTRO VARELA (Independiente).
  • 11. ALEJANDRO SANTOS RODRIGUEZ (Independiente).
  • 12. MARIA DE LA CRUZ RODRIGUEZ MATO (Independiente).
  • 13. ADRIAN POSE GONTAD (Independiente).

Eleccións #24M Concello a Concello

Novas interesantes

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios