Martes. 15.10.2024
El tiempo

Arrincou o Festiletras co protagonismo para os máis pequenos

 
Festiletras-Os Quinquillans
Os Quinquilláns na Praza do Quinteiro para a rapazada da Escola de Verán
Arrincou o Festiletras co protagonismo para os máis pequenos

Arrincaron as dúas primeiras xornadas matutinas do Festiletras, o festival que sitúa a pequena aldea do Couto nun gran epicentro cultural dende hai xa 40 anos. E como vén sendo habitual nestes últimos anos, arrinca dándolle percorrido aos rapaces que disfrutan da Escola de Verán, un dos mellores campamentos do mundo, que conta coas mellores mestras do país.

FestIletra-Paco Nogueiras
Paco Nogueiras

Así, as dúas primeiras mañás do completísimo programa do Festiletras enfocáronse á rapazada. O xoves foi Paco Nogueiras o que abría a festa coa súa divertida música. Tamén estivo Vanessa Rivas e o seu Galo Quirico, cos seus zancos.
Ademais, Omar Rabuñal, o director de cine de Feáns e mestre dos maiores na escola estival, compartiu experiencias arredor do documental #Queocontenelas.

Foi o aperitivo para as crianzas, porque pola noite comezaba o festival cun trío impresionante de contadores: Quico Cadaval, Celso Sanmartín e Guti encheron de risas a Praza do Quinteiro, un deses espazos acondicionados dunha vila absolutamente inmersa no festival, tanto a través da decoración, como da implicación da súa veciñanza. Así o demostran tamén os murais que a veciñanza deixa facer a artistas como Mutante Creativo, Cestola na Cachola ou Juan Rivas.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Festiletras (@festiletras)

Eira das Paletes-Festiletras Couto
A Eira das Paletes xa ten o seu galo, de Mutante Creativo 

Festiciencia

O venres pola mañá a rapazada da Escola de Verán dun mes incrible despedíase coa xornada Festiciencia. Pasaron polo Couto os nosos Suso Lista ou Miguel Anxo Mato Fondo, Rosa Aneiros, Olaia Sendón, Alexandre Nerium, Sabela ou Erica Esmorís. Aí é nada.

Os Quinquilláns pecharon a mañá e todo un mes de actividades no Couto cun espectáculo ben salgado, e fixeron as delicias das criaturas cos seus globos enormes de cabaliño de mar, manta-raia e unha maraghota.

Festiletras-Quinquillans 2
Os peixes dos Quinquilláns percorreron o Couto

O bo de Bocixa déixanos este vídeo sobre como foi a primeira xornada:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Festiletras (@festiletras)

O programa

Queda un mundo por diante. A tarde do venres será cos concertos rokeiros de Lowcos e Zenzar na Eiras das Pailetes, dando paso Aos muradáns The Rapants e Dios ke te Crew no escenario principal. Polo medio, Badius encherá de teatro a Praza do Quinteiro.

O sábado será completo, con Mostra de Artesanía, unha sesión vermú con pasacabanotes, poesía, danza tradicional e música; unha tarde con regueifa, teatro e tradición e unha noite con Baiuca e Rodrigo Cuevas, dúas das grandes referencias da fusión vangardista da música tradicional.

 

O domingo será outra sesión completa, co cumio da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre ás 18:00h para pechar o festival.

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios