Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Festiletras celebra 40 anos de involucración cultural cun programa referente

IMG-20220831-WA0003
O bar-galiñeiro do Couto xa ten galo, feito por Mutante Creativo
O Festiletras celebra 40 anos de involucración cultural cun programa referente

Chega ao seu fin a máxica Escola de Verán tralo festival familiar celebrado a semana pasada, e O Couto vaise engalando de Festiletras. A festa das letras máis importante do país volverá encher de actividades esta pequena aldea pontecesá para celebrar, nada menos que 40 anos de resistencia cultural.

Unha festa que involucra a todo unha aldea, convertindo as súas 80 casas nunha referencia en todo o país. Así o refrenda o espectacular programa para os 4 días con 42 actuacións de nomes como os de Baiuca, Rodrigo Cuevas, Dios Ke Te Crew, Xabier Díaz, The Rapants, OÎMA, Zenzar ou Lóstregho. Ou Omar Rabuñal, Quico Cadaval, Celso Sanmartín, María Canosa, Carlangas, Sechu Sende, Rosalía Fdez. Rial, Pablo Seoane, Rosa Aneiros, Olaia Sendón…

A día de hoxe xa se esgotaron os bonos para os 4 días, pero só quedan entradas diarias, que este ano, como novidade, dan acceso á zona de acampada.

Non faltarán os Pasacabanotes, as sesións para a cativada, o Festiciencia (a mañá do venres estará dedicada ao mundo do mar)… polo que xa estamos desexando que chegue o día. Non se esperan días marabilloso polo que a organización da comprometida Fundación Eduardo Pondal, que tiña formulado uns escenarios completamente feitos en madeira, xa tiveron que encargar unha carpa trasparente.

festiletras-ponteceso_2022-Programa
Programa

Muta o Couto

Ademais, xa arrincou ao longo da semana o proxecto de integración paisaxística Muta o Couto. A arte urbana está invandido a aldea, coas obras de Mou Mutante Creativo, Cestola na Cachola e Juan Rivas nos muros do lugar.

Precisamente a participación da Deputación no Festival, de 16.000 euros, serve para traer estes murais así como concertar a actuación de Baiuca.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Festiletras (@festiletras)

Programa

festiletras-ponteceso_2022

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Festiletras (@festiletras)

Novas relacionadas

Comentarios