Venres. 19.04.2024
El tiempo

O festival da Escola de Verán do Couto, un mar de talento interxeracional

Escola Veran o Couto 22 3
As familias retrataron cada movemento sobre o escenario
O festival da Escola de Verán do Couto, un mar de talento interxeracional

Recta final da mellor campamento de verán, probablemente, do mundo. Este pasado venres a #EscoladeVerán do Couto, organizada pola Fundación Eduardo Pondal, celebraba o seu festival de actuacións. A praza do Quinteiro, no medio da pequena aldea, convertíase nunn verdadeiro fervedoiro de arte e talento, onde dende os máis pequeniños, de 3 anos, facendo de galos, ata os máis maiores veciñ@s da vila, pasaron polo escenario para amosar algunhas das cousas aprendidas durante este mes de actividades.

Escola Veran o Couto 22 5
A praza do Quinteiro foi todo un fervedoiro

Falamos dun dos mellores exemplos de vida interxeracional e de interactuación dunha entidade, dunha escola co seu espazo, coa súa vila. E aí o demostran as Susanas, Auroras… e demais maiores do Couto que ademais de axudar cada mañá organizando o tráfico, transmitindo os seus saberes da horta, abrindo as portas dos seus galiñeiros... subiron ao escenario para compartir con todas as familias unha tarde de festa.

Escola Veran o Couto 22 1
Os peques da escola

Son 40 anos xa desta Escola de Verán, e son moitas as persoas que pasaron por todos os estados, participando como alumn@s, despois como monitoras ou organizadoras, e acaban levando aos seus fill@s ou net@s a facer o mesmo círculo. Unha demostración de como se fai e se coida a canteira.

A escola demostra ademais a diversidade de culturas da que beben a comarca: de ABBA e Rosalía a Pili Pampín , Ana Kiro ou as Tanxgueiras, pasando por Amaral ou Alaska subiron ao escenario.

Escola Veran o Couto 22 4
As mestras da divetida Orquestra Quinteiro

Mención aparte merece ese grupo de mestras, comprometidas, que disfrutaron ao máximo da xornada festiva, que se quitaron os corsés e soltaron toda o talento que levan dentro, e toda a confianza que lles ofrece estar durante un mes nunha escola coma esta. Unha experiencia vital para un equipo que se convertirá en breve en auténticas profesionais do que desexen.

Aínda queda toda unha semana de aprendizaxe para os 265 rapaces toda a comarca (Corme, Cabana, Ponteceso, Laxe, mesmo da Coruña…) da escola

 

Novas relacionadas

Comentarios