As ANPAS de Ponteceso piden melloras nos centros de ensino
Esta pasada fin de semana tivo lugar una reunión cos consellos escolares do Concello de Ponteceso cos responsables municipais. Estiveron presentes Miguel Cousillas, Presidente da ANPA do Ceip Eduardo Pondal de Ponteceso, o presidente da Anpa do CEIP As Forcadas de Corme, o presidente da Federación de Anpas Costa da Morte Antón de la Fuente Subiela, o concelleiro de educación Carlos Penedo, e o alcalde, Lois García Carballido.
Falouse do mal estado dos dous centros educativos do concello, e marcouse unha folla de ruta para facer posibles melloras en ambos, ademais poñer todos os medios posibles para eliminar as barreiras arquitectónicas dos centros municipais.
No ánimo das Anpas, da Fedanpa Costa da Morte, e do Concello, está solventar todos os problemas, e facer fincapé na importancia de contactar coas distintas administracións para buscar unha saída a estes problemas.
O presidente da Anpa do Ceip Eduardo Pondal de Ponteceso, Miguel Cousillas, laméntase da pouca asistencia ás reunións convocadas polo propio Anpa, e quere que a xente se conciencie de que a asociación traballa para o ben dos nenos do pobo, dos que hai agora e dos futuros, e por eso pide un pouco de colaboración por parte de toda a comunidade educativa.
Nas próximas reunións convocarase a todas as familias, para que coñezan e participen dos problemas e necesidades que teñen os centros educativos, e sinalar os pasos pertinentes a seguir polas Anpas do Concello.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).