Martes. 23.04.2024
El tiempo

Unha de pandeireta 2.0 para os pequenos do Couto

Unha de pandeireta 2.0 para os pequenos do Couto
Jan Lamas na Presentacion de Pandeireta Pro no Couto-Foto- FEP

Que os cativos xa controlan cos aparellos do demo deste nvo mundo virtual non é ningunha novidade. E a tradición ten que poñerse ao día se non quere que as novas xeracións a vexan como algo do pasado. Neso traballa un corcubionés amante da tradición e do baile galego, e que traballa no mundo das novas tecnoloxías.

Alejandro Lamas, e a súa empresa Sixtema, xunto con Hacce, veñen de crear a marca TaptilTaptil, de aplicacións móbiles. E a primeira é esta incrible Pandeireta Pro, un xeito de tocar a pandeireta dende o iphone ou ipad.

Uns dos primeiros en probala foron os cativos da Fundación Eduardo Pondal, que tivo a ben invitar a Jan a facer a presentación á lareira da entidade. Unha experiencia fantástica para el, e para os cativos que participaron como o que máis e tocaron coma ninguén a pandeireta 2.0. A ver cando se lanzan dende a FEP a artellar unha foliada 2.0!!

Jan Lamas cos pequenos do Couto

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Taptil.

Comentarios