As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras
Xa o anunciabamos e iso que apenas precisan difusión. O Festiletras da Aldea do Couto vén sendo unha das citas máis importantes do país en canto ao Día das Letras Galegas se refire, e o programa para este ano era completo. Ademais de percorrer as escolas de toda a zona, (Cabana, Ponteceso, Laxe, Baio...) levando aulas itinerantes de temas tan importantes como a paisaxe, as grandes actuacións foron as protagonistas.
De xoves a domingo, encheron a Casa dos Veciños noite si e noite tamén os Róber Bodegas, Uxía, aCadaCanto e as Cantareiras de Ardebullo estiveron na aldea gala pontecesá. Gala no que a cultura se refire, pois é impresionante que un lugar de apenas 200 veciños teña tanta repercusión e tanta intensidade cultural. Unha aldea na que ata as balconadas falan en verso.
O xoves estivo o carballés Róber Bodegas no Couto cos seus divertidos monólogos.
O venres foi tocou musical tremendamente emotiva con Uxía, e para o sábado tocou unha vez máis cheo total para ver a ACadaCanto. "Sen palabras que marabilla de actuación!" destacaban polas redes sociais os organizadores.
Entre o resto de actividades, deixamos constancia aquí do Obradoiro de ilustración con Xaquín Marín, homenaxe a Xaquín Marín e entrega dos premios 1º Certame Letras Creativas Eduardo Pondal.
Máis información
Novas relacionadas
- En marcha a Asociación de Medios en Galego con participación costeira.
- O Festiletras arrincou a ritmo de vogal.
- Lema Suárez: O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño e a súa infancia en Baio.
- En marcha o I Premio de Poesía Gonzalo López Abente.
- Pondal sumérxese no portugués.
- Unha de pandeireta 2.0 para os pequenos do Couto.
- Os pequenos de Ponteceso celebran con Rosalía o 178 aniversario de Pondal.
- Xabier Díaz pechou cun obradoiro de arrolos as sesións lectivas Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).