Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As mariscadoras do Anllóns queren crear máis emprego co Proxecto Berberecho

As mariscadoras do Anllóns queren crear máis emprego co Proxecto Berberecho

A semana pasada as Mariscadoras do Anllóns recibían en Madrid un dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais, outorgado polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. E para completar o premio as mariscadoras recibiron a visita dacandidata socialista ao Congreso Isabel Vuelta González.

A candidata socialista felicitou ás mariscadoras e gabou un "proxecto exemplar, dedicado a crear emprego en manter o entorno natural". I é que o proxecto “Berberecho do Anllóns” é moito.

Isabel Vuelta expresou a súa satifacción polo feito de que o departamento que dirixe Rosa Aguilar “recoñeza o esforzo por innovar e crear emprego dun grupo de 30 mulleres e un home que traballan por crear novos proxectos e manter o entorno do estiario do Anllóns”.
“Espero que os 25.000 euros do premio sirvan para animar ás responsables deste proxecto exemplar a seguir traballando e creando emprego entre as mulleres da nosa comarca”, afirmou a candidata socialista de Ponteceso, que anunciou que realizará as xestións necesarias para intentar que a ministra atenda a invitación das mariscadoras para coñecer in situ o estiario do Anllóns.

Creando emprego

As mariscadoras do Anllóns explicaron a Isabel Vuelta o proceso de extracción e comercialización do berberecho, e a candidata socialista púxose á súa disposición para pór en marcha medidas de apoio á creación de máis empregos ligados ao sector marisqueiro, pois segundo explicaron as propias mariscadoras “a nosa ría podería crear moitos máis postos de traballo”.

Neste sentido, Julia Haz confirmou á candidata do PSdeG-PSOE que esperan poder ofertar en breve cinco novas prazas de mariscadora, para as que puntuará especialmente residir na zona e ser demandante de emprego.

Novo Congreso

Estes días, as mariscadoras do Anllóns volverán a coincidir coa ministra Rosa Aguilar no II Congreso da rede Española de Mulleres no sector pesqueiro, que se celebra en Málaga. Proximamente, xunto ao xerente do GAC-3, Guillermo Gonzalez Diez, Julia Haz asistirá a unha feira sectorial en Bruselas, onde tamén dará a coñecer o seu traballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE comarcal.

Comentarios