Badius estrea no Couto un novo espectáculo


O sábado é un día intenso para a compañía Badius Teatro. "Facer o sueco" é o novo espectáculo da compañía baiesa, que estrea na Casa dos Veciños do Couto, no marco do Programa Outono Pondaliano da Fundación Eduardo Pondal.
Ademais, "Facer o sueco" vén en clave de actualidade. Pois en plena crise, con recortes en cultura, un grupo de teatro afeccionado e "acapás" de facer unha montaxe escénica "o grande".
Baixo a dirección de Alberte Villar, e coa adaptación do texto da man de Ricardo Vigueret, poderemos ver en escena ao Pibe Pablo Soto, a Marco Álvarez, Gloria Regaldie, Lourdes Vidal, Moncho Lema, Raúl González Doldán, Juan Caamaño e Fernanda Regaldie.
Sinose de "Facer o sueco"
Tomé esta nun apuro; o seu xefe sueco do IKEA vén á Coruña devolverlle unha visita. Como é de orixe esquimó, en Suecia cedeulle a súa muller, pero Tomé non está disposto a facer o mesmo. Entón, xunto co seu amigo Casio, un home moi calculador, recorre a unha solución que vai ocasionar unha gran lea.
A cita será este sábado 6 de outubro ás 22:00h na Casa dos Veciños do Couto, Ponteceso.
Máis info
Novas relacionadas
- Hoxe comeza a nova edición do Outono Pondaliano.
- O teatro non ten idade en Zas.
- 25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).