Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O BNG de Ponteceso pide mellorar o servizo da Biblioteca

Horario Bibliotca Ponteceso
O BNG de Ponteceso pide mellorar o servizo da Biblioteca

O BNG de Ponteceso presentou no pleno do pasado 30 de novembro, dúas mocións con propostas para mellorar o servizo da biblioteca municipal e deseñar e desenvolver un plan director de turismo e cultura municipal.

No caso da Biblioteca, o BNG agarda "rematar cunha situación que xa se prolonga durante moito tempo nas instalacións e que o novo goberno municipal aínda non resolveu, como é o
peche eventual e a falla de información ás usuarias sobre estes peches eventuais, nomeadamente pola tarde, e que estas só coñecen unha vez están na porta do centro cultural, sen ter tampouco coñecemento así mesmo da restitución do horario habitual de apertura". Lembrou que esta semana previa á ponte a biblioteca "permaneceu pechada sen máis aviso que o que podíamos ver na propia porta das instalacións cando ata alí chegabamos".
A proposta foi apoiada pola maioría do pleno, incluídos os votos do Partido Popular que ostenta a concellería responsábel desta área pero que non respectou o seu propio voto volvendo a non avisar do peche das instalacións.
Para a voceira do BNG “Esta situación supón para as persoas usuarias unha perda de confianza no servizo público e por iso é importante que a nosa proposta se leve adiante”.

Comentarios