Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Os Bombeiros de Carballo e do GES de Ponteceso tiveron que sufocar 2 incendios esta noite

Incendio de Nemeno
Imaxe do incendio de Nemeño
Os Bombeiros de Carballo e do GES de Ponteceso tiveron que sufocar 2 incendios esta noite

Eran as 19:00h da tarde deste venres cando os Bombeiros de Carballo e os do GES de Ponteceso se desprazaban ata o lugar de Campelo, en Barizo (Malpica), para sufocar un incendio acontecido nunha vivenda deshabitada. O lume afectaba á zona da lareira, e a diferentes enseres como unha butaca, papeis e cartóns. Nos traballos de exnción e enfriamento empregáronse uns 500 litros de auga.
Non houbo persoas afectadas e o lume afectou aos papeis que estaban queimando, a unha butaca e ao sobrado de madeira, sen que se vira afectada a súa estrutura.

Pasadas as 0:00h da noite tocaba desprazarse ata Nemeño, Ponteceso, polo incendio dun galpón con vehículos no interior. Os coches puideron ser salvados, pero a pila de leña ardía no fondo da nave. Tiveron que empregar 15.000 litros para extinguir o lume e refrixerar todo o combustible de madeira, rematando a acción pasadas as 3:00h.

Comentarios